"doxa" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acenar.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio situado no concello de Oza dos Ríos, xunto ao río Mendo. Documéntase por primeira vez a súa existencia nun diploma copiado nos tombos de Sobrado dos Monxes, datado ao redor do ano 995. Neste documento o mosteiro de Bandoxa formaba parte da dotación dun cenobio maior, o de Santa Olaia de Curtis, feita por San Pedro de Mezonzo. Consérvase o templo, hoxe igrexa parroquial, de finais do s XII ou comezos do XIII. Da primitiva fábrica románica tan só se conserva o arco de acceso ao presbiterio, parte dos muros da nave e a portada occidental. O arco triunfal ten directriz apuntada e está sostido por semicolumnas acaroadas que rematan en capiteis vexetais. A portada occidental é de medio punto, abucinada e non ten columnas nin tímpano; o arco maior adórnase con billetes e o menor con boceis e medias canas.
-
-
Termo bíblico que na versión dos Setenta expresa a gloria de Deus e a súa manifestación ao home. Correspóndese co termo hebreo Kābōd, que implicaba nun principio a idea de solidez e valor, e que no Antigo Testamento era sinónimo de riqueza e éxito, mentres que no Novo Testamento a doxa ten o sentido de honor, poder e revelación de Deus.
-
Opinión ou crenza persoal. Na filosofía clásica contraponse ao concepto de verdade e de certeza, e designa o carácter relativo ou deficiente do coñecemento humano ordinario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gabeadoras, da familia das bignoniáceas, de follas compostas con dous folíolos e tres gabiáns, con flores hermafroditas con forma de funil de cor amarela. Os froitos son carnosos e as sementes aladas. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de Igrexas Orientais que desde o s XI se desligaron de Roma para subordinar a súa obediencia ao patriarca de Constantinopla. Baseouse no concepto doutrinal de fidelidade aos sete primeiros concilios ecuménicos anteriores á separación de Roma e organizouse arredor dos seus patriarcas ou de Igrexas sinodais, unidas doutrinal e liturxicamente, se ben cunha independencia xurídica con respecto ao patriarca ecuménico de Constantinopla. Algunhas das súas doutrinas foron a defensa da identidade cos testimonios apostólicos orixinais e do Espírito Santo como o principal guía da Igrexa, a aceptación dos sete sacramentos ou a veneración da Virxe María como nai de Deus, rexeitando o dogma católico da Inmaculada Concepción. Ao mesmo tempo, consentiron a conversión sacerdotal dos homes casados. Tras a ruptura con Roma (s XI), os escasos intentos de unión a través do Concilio II de Lyon (1274), o Concilio de Florencia (1439), e, sobre todo, desde a caída de Constantinopla baixo os turcos (1453),...
-
-
Que inclúe un paradoxo.
-
Que ten un comportamento contrario ao que defende. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Hidroxialdehido aromático derivado da piridina, constituínte do complexo da vitamina B 6 .
-
Forma bioloxicamente activa do piridoxal, sintetizada polo organismo mediante a fosforilación da base piridínica. Forma parte do complexo vitamínico B 6 , e intervén como coenzima no metabolismo dos aminoácidos. Emprégase en medicina como complemento da nutrición. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amina aromática heterocíclica formada por unha estrutura intimamente relacionada coa da piridoxina. É un constituínte do complexo vitamínico B6. Forma un dihidrocloruro e presenta actividade vitamínica.