"flamen" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Bispo de Elna (1696-1721). Publicou o Catechisme diocésain (Catecismo diocesano, 1698) para substituír o manual de instrución relixiosa do padre Xoán Eusebio Nieremberg. Fixo edificar o pazo episcopal de Perpiñán (1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sacerdote das distintas divindades romanas que se ocupaba do culto e dos sacrificios aos deuses. Constituían un colexio formado por tres flámines maiores: flamen Dialis, consagrado a Xúpiter, flamen Martialis, a Marte, e flamen Quirinalis, a Quirino; os outros doce ocupábanse do culto a outros deuses como Volturno, Pales, Furrina, Flora, Pomona, Vulcano, Ceres e Portunus. O flamen Dialis ocupaba o primeiro posto entre os sacerdotes e debía manter un estado permanente de pureza ritual, pois pensaban que se incumprían esta condición a comunidade sufriría as consecuencias. A partir do 44 a C os distintos emperadores divinizados postumamente recibiron un flamen específico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte musical propia de Andalucía, en concreto dos xitanos andaluces, que comezou a difundirse fóra de Andalucía a finais do s XVIII. É unha mestura de elementos musicais hebreos, bizantinos e árabes. As formas máis puras son as diferentes modalidades de tonadas ou tonás, seguidillas ou seguiriyas e soleares. Influídas por estes cantos, apareceron as livianas, as serranas, as saetas, as bulerías, o polo e a caña. Outros cantos que derivaron indirectamente foron os fandangos, as alegrías, os caracoles e certos cantos folclóricos peninsulares ou propios de América latina. As formas son libres e as máis xenuínas non levan acompañamento musical. Tamén recibe o nome de cañí, gitano e cante jondo ou hondo.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Flandres, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Flandres.
-
Grupo de habitantes da rexión N de Bélxica, de lingua flamenga. Recibiron este nome a partir da loita pola salvación da súa cultura trala constitución do Estado belga no 1830.
-
Lingua do phylum indoeuropeo do grupo xermánico que se fala na parte norte de Bélxica (provincias de Flandres Occidental, Flandres Oriental, Anveres, Limburgo e a metade da provincia de Brabante). O estado belga, independente no 1830, recoñeceu a existencia dunha lingua flamenga no 1873; coas leis lingüísticas (1932, 1963) e a reforma constitucional restableceu a autonomía cultural e lingüística de ambas as dúas partes do territorio belga. O Consello Cultural de Flandres estableceu o uso único do termo neerlandés.
-
arte flamenga
Arte desenvolvida en Flandres. As primeiras formas orixinais nesta rexión xurdiron do impulso do Imperio Carolinxio, época da que se conservan as capelas de plan central, como a capela palatina de Aquisgrán, igrexas basilicais con westwerk e obxectos tallados en marfil. Na época románica destacaron os centros de Liexa, na conca do Mosa, onde se erixiron santuarios, abadías e basílicas de corpo rectangular, como San Bertomeu de Liexa, e con westwerk, como San Denís de Liexa, de influencia renana e dunha gran sobriedade; e o foco de Doornik, na conca do Escalda, onde dominou a influencia franco-normanda, como a abadía de San Vicente en Soignies, que xa mostra as formas do gótico francés presentes na catedral de Doornik (1141). No s XIII aumentou a influencia francesa coa construción de complexos monacais de orixe cisterciense en Lovaina, Gante e Anveres, seguida por unha solución intermedia, cun verticalismo moderado e estruturas máis simples respecto ás francesas, visible...
-
literatura flamenga
De tradición oral moi antiga, ten textos escritos antes do s XII (Henric van Veldeke). Durante catro séculos escribíronse obras moi diversas: poesía cortesá, mística e popular, novelas e obras didáctico-sociais. A prosa mística culminou na obra de Joannes Ruusbroec (1293-1381). Nos ss XIV e XV predominou o teatro e a finais do XIX chegou a decadencia flamenga. Como reacción contra o predominio francoparlante do novo estado belga, naceu o movemento flamengo e unha literatura con características histórico-sociais e románticas, cun reflexo da situación de opresión socio-cultural e de tres séculos de abandono, con figuras destacadas como H. Conscience (1812-1883) e G. Gezelle (1830-1899). A comezos do s XX, contactouse coas correntes europeas, con novelistas como S. Streuvels (pseudónimo Frank Lateur), C. Buysse, H. Teirlinck; poetas como K. van de Woestijne e ensaístas como A. Vermeylen. No período de entreguerras destacou o movemento expresionista na poesía e no teatro, onde sobresaen...
-
música flamenga
A finais da Idade Media a música flamenga acadou un importante desenvolvemento e unha difusión, pero non se limitou a Flandres exclusivamente, senón que comprendeu a área do norte de Francia, Valonia, Flandres e Holanda. Johannes Ockeghem, Jacob Obrecht, no s XV, e Adriaan Willaert e C. de Rore, no s XVI, son os músicos propiamente flamengos máis destacados; por outra banda, numerosos compositores italianos, alemáns e ingleses visitaron ou establecéronse en Flandres. No s XVIII sobresaíron A. J. Helmont e Pieter van Maldere. Con motivo da aparición do Estado belga (1830), os flamengos procuraron preservar a personalidade ante a preponderancia valona; Peter Benoit (1834-1901) iniciou un movemento autóctono e creou en Anveres a Vlaamse Muziekschool (1867), convertida en conservatorio en 1898. Os seus discípulos Jan Blockx (1851-1912) e Edgar Tinel (1854-1912) continuaron o movemento.
-
-
-
Ave acuática do xénero Phoenicopterus, da familia dos fenicoptéridos que, dependendo da especie, presenta unha altura de entre 80 e 145 cm de altura. Son animais de pescozo e patas longas, alas grandes e cola curta, de plumaxe rosa ou vermella -que depende dunha dieta moi rica en carotenos-, e coas plumas remeiras negras. A cara, as patas e o peteiro poden ser de cor vermella, rosa, laranxa ou amarela. Os dedos son relativamente curtos e provistos de membranas interdixitais. Os machos son de maior tamaño cás femias e as aves novas distínguense por ser de cor cinsenta con manchas castañas e patas e peteiros negros. O peteiro resulta moi característico nestas aves e é grande e groso, curvado cara a abaixo a partir da metade e coas mandíbulas -a superior máis pequena que encaixa na inferior- provistas dunhas laminiñas internas a xeito de peite. A lingua é grosa e está provista de prominencias. Para alimentarse introducen a cabeza na auga coa parte superior orientada ao fondo e vana movendo...
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Hervieuse de Basan de Flamenville.