flamenco -ca
flamenco -ca
adx e s
m
[MÚS]
Arte musical propia de Andalucía, en concreto dos xitanos andaluces, que comezou a difundirse fóra de Andalucía a finais do s XVIII. É unha mestura de elementos musicais hebreos, bizantinos e árabes. As formas máis puras son as diferentes modalidades de tonadas ou tonás, seguidillas ou seguiriyas e soleares. Influídas por estes cantos, apareceron as livianas, as serranas, as saetas, as bulerías, o polo e a caña. Outros cantos que derivaron indirectamente foron os fandangos, as alegrías, os caracoles e certos cantos folclóricos peninsulares ou propios de América latina. As formas son libres e as máis xenuínas non levan acompañamento musical. Tamén recibe o nome de cañí, gitano e cante jondo ou hondo.