"ful" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • GALICIA

    Licenciado en dereito. Director dos xornais El Clamor de Galicia, El Clamor del País e La Región; así mesmo, entre outros, colaborou en El Comercio Gallego e El Noroeste. Destacou tamén o seu labor administrativo á fronte da Deputación Provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Tarragona, Catalunya, (2.555 h [1996]). Función residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (138-161) de orixe itálica. Sucedeu a Adriano e impuxo disciplina no estado. Gobernou como un déspota ilustrado, gañando a confianza das clases cultas. Promoveu unha execución humanitaria do dereito e mantivo a relixión tradicional. Preocupouse pola prosperidade económica e reprimiu as rebelións nas provincias por medio de legados. Baixo o seu goberno o Imperio chegou ao seu máximo apoxeo. No 139 adoptou a Marco Anio Vero, o futuro Marco Aurelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pioneiro e político norteamericano colonizador do estado de Texas. Ao ser proclamada a independencia de México (1821) obtivo do goberno mexicano vastas concesións de territorio e estableceu unha colonia norteamericana. Coa intervención dos EE UU conseguiu a independencia de Texas (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Ao longo da súa vida reuniu unha importante colección de animais norteamericanos. Foi profesor da Universidade de Nova York e director do Museo de Historia Natural de Nova York. Entre as súas obras cómpre sinalar A history of north american birds (Unha historia das aves nortemericanas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Foi o home forte do país dende a década dos anos trinta ata o triunfo da Revolución Cubana. Alistouse no Exército en 1921 e no ano 1933 dirixiu o golpe de Estado que derrocaría o Presidente Carlos Manuel de Céspedes, fillo do primeiro Presidente da República. Convertido en xefe supremo do Exército, fíxose co control do goberno cubano a través dunha serie de gobernos títeres, nos que influíu tanto na súa elección como na súa destitución. En 1940 gañou as eleccións, grazas a ter todo o aparato do Estado ao seu favor, e pasou a ocupar a presidencia ata 1944, momento no que saíu derrotado fronte ao ex-presidente Ramón Grau San Martín. As medidas que levou a cabo tiveron un marcado carácter populista, buscando o apoio das masas mediante a promoción das obras públicas, a educación e a sanidade. En 1952 protagonizou un golpe militar, consentido polos EE UU, contra o entón Presidente Carlos Prío Socarrás, dando lugar a unha ditadura persoal caracterizada pola brutalidade e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropóloga. Alumna de Goldenweiser e Parsons, axiña comezou a traballar como axudante de campo con Boas. En 1922, animada por Kroeber, iniciou os seus estudios sobre os indios serranos, os pima e os pueblo do sudoeste dos EE UU, dos que investigou basicamente os patróns culturais. Os resultados deste traballo están editados en Zuni mithology (Mitoloxía zuni, 1935). Pertenceu á escola culturalista norteamericana, aínda que a súa reflexión teórica estivo influenciada pola psicanálise. No seu libro Patterns of Culture (Patróns culturais, 1934), propón unha tipoloxía das culturas baseada en categorías tomadas da psicopatoloxía e na distinción realizada por Nietzsche en Die Geburt der Tragödie aus dem Geiste des Musik (A orixe da traxedia no espírito da música, 1872), entre carácter apolíneo e carácter dionisíaco. Posteriormente, logo dunha viaxe por Europa e Asia, centrou as súas investigacións sobre pobos europeos e asiáticos publicando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado a formas do carbono como o C60, pola súa forma esférica que recorda as cúpulas deseñadas polo enxeñeiro norteamericano R. Buckminster Fuller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • chafalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • chafalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ostān de Khuzistān, Irán, á beira do río Dez (202.639 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Activo en Lugo, construíu a capela maior da igrexa de San Pedro de Calde (1763).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de tuberculose localizada nos ganglios linfáticos da rexión cervical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular das plantas da familia das escrofulariáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escrofulariáceas.

    2. Planta da familia das escrofulariáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, arbustivas ou lianas, da orde das escrofulariais, que comprende unhas 4.000 especies de distribución cosmopolita, especialmente comúns nas zonas temperadas. As flores preséntanse, as máis das veces, en acios e son hermafroditas, cigomorfas e pentámeras ou tetrámeras, de corola gamopétala bilabiada e co ovario superior e bilocular. A polinización fana principalmente insectos ou aves e dá lugar a froitos en cápsula ou baga. Son comúns os principios de interese medicinal como mucílagos e heterósidos cardiotónicos. Distínguense tres subfamilias: as verbascoideas, de follas alternas, flores actinomorfas e 4 ou 5 estames, caso do xénero Verbascum; as escrofulariodes, de follas inferiores opostas, corolas cigomorfas e de 2 a 4 estames, que inclúe a maior parte dos xéneros como Linaria, Veronica, Scrophularia, Antirrhinum e Digitalis; e rinantoides, que son plantas semiparasitas ou parasitas, de corolas bilabiadas e de 2 a 4 estames, como Rhinanthus, Euphrasia, Pedicularis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escrofulariais.

    2. Planta da orde das escrofulariais.

    3. Orde de espermatófitos, da clase das dicotiledóneas, que engloba herbáceas ou leñosas, de follas simples, flores cigomorfas e froitos capsulares. Son propias de rexións temperadas ou frías. Pertencen a esta orde as familias: acantáceas, bignoniáceas, escrofulariáceas, globulariáceas, lentibulariáceas, orobancáceas, pedaliáceas, plantaxináceas e xesneriáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dunha persoa que ten a enfermidade da escrófula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución orgánica que predispón á escrófula.

    VER O DETALLE DO TERMO