Benedict, Ruth Fulton
Antropóloga. Alumna de Goldenweiser e Parsons, axiña comezou a traballar como axudante de campo con Boas. En 1922, animada por Kroeber, iniciou os seus estudios sobre os indios serranos, os pima e os pueblo do sudoeste dos EE UU, dos que investigou basicamente os patróns culturais. Os resultados deste traballo están editados en Zuni mithology (Mitoloxía zuni, 1935). Pertenceu á escola culturalista norteamericana, aínda que a súa reflexión teórica estivo influenciada pola psicanálise. No seu libro Patterns of Culture (Patróns culturais, 1934), propón unha tipoloxía das culturas baseada en categorías tomadas da psicopatoloxía e na distinción realizada por Nietzsche en Die Geburt der Tragödie aus dem Geiste des Musik (A orixe da traxedia no espírito da música, 1872), entre carácter apolíneo e carácter dionisíaco. Posteriormente, logo dunha viaxe por Europa e Asia, centrou as súas investigacións sobre pobos europeos e asiáticos publicando libros como The chrisantemun and the sword (O crisantemo e a espada, 1946), sobre a cultura xaponesa, e realizou un traballo teórico no que asignaba á Antropoloxía un papel capital na creación de novas relacións entre as nacións.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso