"gulia" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cereixa’.
-
PERSOEIRO
Escritor e antropólogo. Formouse no seminario de Ourense e estudiou teoloxía e antropoloxía no Seminario Nacional de Misiones Extranjeras de Madrid. Investigador do léxico dos canteiros, da arquitectura medieval e de lendas e contos populares, foi un dos impulsores do Museo Etnográfico de Beariz. Da súa produción destacan As marcas da pedra no suroeste de Galicia, Beariz de Montes, aspecto antropolóxico, histórico e cultural dun pobo, Polos camiños de Beariz de Montes e Dicionario do verbo dos canteiros (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. Doutorouse (1991) pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1995, é profesora titular nela. Desde 1983 traballa no ILG realizando o traspaso dos datos do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) a cadernos, a revisión do material do Glosario de voces galegas de hoxe, a recollida de material para a elaboración do Dicionario de verbos galegos conxugados e o cartografado dos mapas do volume I do (ALGa). Formou parte do equipo de redactores do Dicionario normativo galego-castelán (1988), do Dicionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), do Gran dicionario Xerais da lingua (2000) e do Dicionario Xerais da Lingua (2002). É autora de O rexurdir da conciencia idiomática (1840-1891) (1992), Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega durante o Rexurdimento (1840-1891) (1992) e Ortografía práctica (2001), e editou A gaita gallega,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1896). En 1899 gañou o concurso do balneario da Toxa, hoxe desaparecido, cuxa construción se realizou en 1905. En 1907 iniciou a construción do Centro Galego da Habana. Foi arquitecto municipal e do bispado de Ourense. Realizou unha obra de características modernistas e eclécticas, da que destacan, entre outros, o desaparecido edificio do Garaxe Hispanoamericano no Paseo; a vivenda de M. Feijoo en Ceano Rivas; o palco da música da Alameda, o quiosco da Sociedad Recreativa La Peña, o Asilo Santamarina-Temes do Santo Anxo, a Caixa de Aforros Provincial e a delegación de Defensa.
VER O DETALLE DO TERMO