"hidrona" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perclorato de magnesio anhidro usado como desecante de gases, por exemplo na análise orgánica elemental. Continúa activo incluso despois de fixar tres moléculas de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo bicíclico que se presenta nas formas isoméricas cis- e trans-; a primeira é moi soluble en alcol e ferve a 195°C, e a segunda é bastante soluble en alcol e ferve a 185°C. A forma comercial é unha mestura dos dous esteroisómeros e emprégase como disolvente. Coñécese tamén co nome rexistrado de decalina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome utilizado para designar a aleación que contén o 35% de sodio e o 65 % de chumbo.
-
-
Complexo de transferencia de carga constituído por unha molécula de p-benzoquinona e unha de hidroquinona.
-
Eléctrodo baseado no sistema redox constituído pola p-benzoquinona e a hidroquinona. Non se pode empregar en disolucións alcalinas de pH superior a 8, pola ionización da hidroquinona e a súa facilidade de oxidación nestas condicións.
-