Mycelis
Mycelis
[PLANTA]
Xénero de plantas, da familia das asteráceas, perenne, coas brácteas involucradas en dúas ringleiras. As lígulas son amarelas e o froito é en aquenio. En Galicia está presente nas zonas montañosas a especie M. vulgaris, de ata 100 cm de altura e que florece entre xuño e setembro.