"ket" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 35.

  • Sociedade norteamericana dedicada a fomentar a propulsión por foguetes espaciais, a astronáutica e as ciencias afíns. Fundouse no ano 1930 en Nova York co nome de American Interplanetary Society. O nome de American Rocket Society adoptouse oficialmente no ano 1934 e mantívose ata o comezo de 1963 ao se fusionar co Institute of Aerospace Sciencies e crear a American Institute of Aeronautics and Astronautics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que integra a maioría das axencias relacionadas co márketing directo coa intención de ofrecer información sobre as actividades dos seus asociados, promover conferencias e cursos de formación, e aunar a defensa dos seus intereses dentro do mundo do márketing.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que agrupa a maioría das empresas de márketing telefónico de España co obxectivo de dar a coñecer as actividades que desenvolven os seus asociados e defender os seus intereses no eido publicitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización con sede en Barcelona integrada por empresas dedicadas ao márketing directo, publicidade directa, telemárketing e empresas de venda por correo. Entre os seus asociados atópanse axencias como Bates Direct, Cano & Martínez, Diálogo & Relación, Europ RSCG e Ogilvy One.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte de oposición que se disputa entre equipos de cinco xogadores que teñen como obxectivo a introdución dun balón de entre 75 e 78 cm de circunferencia nunha canastra defendida polo equipo contrario. A Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) establece as regras do xogo. Nos EE UU a Asociación Nacional de Baloncesto (NBA) desenvolve a súa competición con regras propias, que difiren das da FIBA en aspectos como a duración dos partidos, o tempo de posesión do balón do que dispoñen os equipos en cada xogada de ataque, limitacións no emprego de determinados sistemas defensivos, distancia da liña de tres puntos, número de árbitros, etc. O terreo de xogo é de chan duro e libre de obstáculos. As canastras, situadas no centro das dúas bandas máis curtas, están constituídas por un círculo metálico do que colga unha rede aberta pola parte inferior; cada canastra vai fixada a un taboleiro de forma rectangular, sostido por un soporte situado fóra do terreo de xogo e que a mantén a unha altura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción británica realizada en 1964 e dirixida por Peter Glenville. Foi interpretada por Peter O’Toole, Richard Burton, John Gielgud e Donald Wolfit. Baseado na obra de Anouilh, o filme narra o enfrontamento entre o arcebispo de Canterbury, Becket, e o Rei de Inglaterra Enrique II. Trátase dun dos grandes clásicos do cine histórico inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Canterbury (1162-1170). Educado no priorado de Meron, estudiou Teoloxía en París e Dereito en Boulogne. Foi nomeado chanceler real por Enrique II Plantagenet (1154), cargo dende o que desenvolveu unha política eficientemente regalista. En 1162 o rei fíxoo elixir para a sé primada inglesa, Canterbury, da que xa era arcediago, coa finalidade de ocupala con alguén afecto aos intereses da monarquía. Non obstante , enfrontouse co rei e rexeitou as Constitucións de Clarendon (1164). Forzados polo rei, os bispos condenárono no Sínodo de Northampton, polo que se tivo que exiliar, atopando refuxio na abadía cisterciense de Pontigny (Bourgonhe) dende 1164 ata 1170. De volta á súa sé, foi asasinado no altar da Catedral de Canterbury, sendo canonizado pouco despois (1173). Dende entón Canterbury converteuse nun importante centro de peregrinación. A súa festa celébrase o 29 de decembro, día do seu asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e novelista angloirlandés autoexiliado en Francia desde 1937. Iniciou a súa carreira como autor dramático trala estrea de En Attendant Godot (París,1953). Este espectáculo, baseado nunha peza homónima da súa autoría, presentouse en Londres en 1955 co título de Waiting for Godot. Desde un primeiro momento a súa obra foi equiparada á de Eugène Ionesco, Arthur Adamov ou Harold Pinter, e enmarcouse no movemento que o crítico británico Martin Esslin denominaría “teatro do absurdo”. Autor dunha obra tan breve como significativa, Beckett comezou a escribir literatura dramática despois de publicar a célebre triloxía de novelas Malloy, Malone Dies e The Unnamable, onde aparecen temáticas que se converterían en recorrentes e onde se aprecia a pegada existencial e estilística do seu amigo e mestre James Joyce, ben que no eido dramático non se pode esquecer a influencia de William Butler Yeats, T. S. Eliot, Jean Paul Sartre ou Albert Camus. Con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou na Academia Naval e tomou parte na Primeira Guerra Mundial. Traballando no Cavendish Laboratory conseguiu (1925) fotografar transmutacións nucleares producidas por bombardeo de núcleos con partículas α. En 1932, de forma paralela a C. D. Anderson, detectou o positrón, anunciado teoricamente por Dirac. Estudiou a radiación cósmica e as consecuencias do uso da enerxía atómica. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1948 polo perfeccionamento da cámara de Wilson e polos descubrimentos relacionados coa Física nuclear e as radiacións cósmicas. Foi presidente da Royal Society (1965-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fotografar diferentes imaxes dun mesmo obxecto ou motivo con distintos niveis de exposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de liñas do espectro atómico do hidróxeno, que corresponden ás transicións ao nivel do número cuántico principal n= 4. Está situada na parte infravermella do espectro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo de orixe inglesa no que se enfrontan dous equipos de once xogadores cada un, sobre un campo chan de céspede de 135 m de largo e de 155 m de longo. No terreo de xogo colócanse dous wickets (especie de porterías) formados por tres estacas sobre as que se poñen uns traveseiros (bails). O xogo consiste en facer caer o wicket contrario lanzando coa man unha pelota de madeira. Para isto é preciso superar a oposición dun xogador do outro equipo, que esgrime unha pa coa que tenta interceptar o lanzamento e enviar a pelota de volea canto máis lonxe mellor; mentres a pelota corre, o xogador defensor intenta dar o maior número de voltas ao campo; cantas máis voltas dea máis puntos consegue. Xógase nos cinco continentes, aínda que está practicamente restrinxido aos países de colonización británica, nos que é moi popular, e, en moitos casos, constitúe o deporte nacional. Nos EE UU, derivado del, creouse o béisbol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pioneiro, cazador, aventureiro e político americano. Foi membro do Congreso (1827, 1829 e 1933) e en 1835 uniuse á resistencia texana de El Álamo. A súa figura mitificouna a literatura de fronteira norteamericana. Escribiu A Narration of Life of David Crockett of the State of Tennessee (Narración da vida de David Crockett do estado de Tennessee, 1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (294 a C? - 288 a C), fillo de Antígono I Monoftalmos. Loitou xunto co seu pai contra os outros xenerais de Alexandre o Grande. Foi derrotado por Ptolomeo I en Gaza (312 a C) e, máis tarde, por Seleuco (311 a C). No 307 a C derrotou a Casandro, que reinaba sobre Macedonia, preto das Termópilas, e conquistou Grecia. Ao ano seguinte destruíu a flota de Ptolomeo en Chipre (306 a C). Os xenerais Seleuco, Lisímaco e Ptolomeo, temerosos do poder crecente de Demetrio e do seu pai, declaráronlles a guerra e vencéronos en Ipso (301 a C). Antígono morreu nesta batalla e Demetrio perdeu as súas posesións, polo que decidiu aliarse con Seleuco (299 a C). Logo da morte de Casandro (298 a C), someteu Tesalia, Macedonia e Atenas (294 a C), pero enfrontouse con Lisímaco, rei de Tracia, e Pirro, rei do Epiro, e foi expulsado de Macedonia. Marchou a Asia e foi derrotado por Seleuco (285 a C), quen o retivo ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, novelista e dramaturgo. Coñecido como Lord Dunsany, foi famoso polas súas propostas fantásticas e oníricas, entre as que destacan The Glittering Gate (A porta relucente, 1909), King Argimenes (O Rei Arxímenes, 1911) ou If (Se, 1921). En 1937 publicou o libro de memorias My Ireland, no que lembra a súa relación co Abbey Theatre e a súa visión particular da nación irlandesa. En 1980 a revista Grial, no número 67, publicou a peza A sentenza dourada, en versión galega de Álvaro Cunqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campionato europeo de seleccións nacionais de baloncesto, que se celebra nos anos impares. Comezouse a disputar en 1935. A cuarta edición celebrouse en 1946, trala paréntese obrigada pola Segunda Guerra Mundial. Ao ano seguinte (1947) xogouse a quinta edición, para recuperar a secuencia normal de dous anos en 1949. Os equipos bálticos gañaron as primeiras edicións (Letonia, en 1935 e Lituania, en 1937 e 1939). A Unión Soviética encabeza o palmarés deste torneo, con catorce títulos, aos que lles hai que engadir tres subcampionatos e catro medallas de bronce. O dominio dos soviéticos, que monopolizaron a medalla de ouro entre 1957 e 1971, cesou antes da disolución da URSS en 1991, pois conseguiron o último triunfo en 1985; dende aquela os seus herdeiros, Rusia e Lituania, só conseguiron senllos subcampionatos (1993 e 1995, respectivamente), ademais do obtido polo equipo soviético en 1987, para desaparecer do podio tralo bronce ruso en 1997. Iugoslavia, segunda no medalleiro con oito triunfos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación da antiga cámara de deputados danesa que, ao ser suprimida na cámara alta ou Landsting, constituíu o Parlamento. Os 179 membros (175 por Dinamarca, 2 por Groenlandia e 2 polas Illas Feroe) son elixidos por sufraxio universal cada catro anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ector do espazo de Hilbert do sistema, que na notación de Dirac da mecánica cuántica representa un estado físico dun sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barco pequeno de dous paos e bauprés, que se emprega no tráfico de cabotaxe e na pesca.

    2. Iate de alta mar aparellado de ketch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salsa elaborada con polpa concentrada de tomate condimentada principalmente con vinagre, zume de limón, azucre e sal, aínda que admite outros ingredientes. Emprégase para condimentar alimentos á grella, pratos de pasta, de ovos ou outras salsas.

    VER O DETALLE DO TERMO