Demetrio I de Macedonia ou Poliorketes o Conquistador de cidades
Rei de Macedonia (294 a C? - 288 a C), fillo de Antígono I Monoftalmos. Loitou xunto co seu pai contra os outros xenerais de Alexandre o Grande. Foi derrotado por Ptolomeo I en Gaza (312 a C) e, máis tarde, por Seleuco (311 a C). No 307 a C derrotou a Casandro, que reinaba sobre Macedonia, preto das Termópilas, e conquistou Grecia. Ao ano seguinte destruíu a flota de Ptolomeo en Chipre (306 a C). Os xenerais Seleuco, Lisímaco e Ptolomeo, temerosos do poder crecente de Demetrio e do seu pai, declaráronlles a guerra e vencéronos en Ipso (301 a C). Antígono morreu nesta batalla e Demetrio perdeu as súas posesións, polo que decidiu aliarse con Seleuco (299 a C). Logo da morte de Casandro (298 a C), someteu Tesalia, Macedonia e Atenas (294 a C), pero enfrontouse con Lisímaco, rei de Tracia, e Pirro, rei do Epiro, e foi expulsado de Macedonia. Marchou a Asia e foi derrotado por Seleuco (285 a C), quen o retivo ata a súa morte.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Apamea, Siria