"lariza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 35.

    1. Lugar pechado cun muro, xeralmente circular, onde se dispoñen as colmeas ou o grupo destas.

    2. abelleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou efecto de converterse en bipolar.

    2. Concentración das ideoloxías políticas dun país en dous bloques que se opoñen como polos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crítica realizada desde posicións de reforma da educación contra o monopolio das escolas estatais e dos sistemas escolares polo seu carácter de instrumentos reprodutores da ideoloxía dominante e da desigualdade social. A partir de 1925 detectáronse posicións críticas nesa liña, en particular no ámbito da cultura pedagóxica alemana, con autores como F. Paulsen e Vyneken, e varias iniciativas como os fogares de ensino campestre, o Plan Iena, e outros. Non obstante , os gobernos socialdemócratas e comunistas posteriores á Segunda Guerra Mundial reforzaron unha vía de reforma escolar e escolarizadora, e non foi ata os anos 60 cando se observou unha revitalización das perspectivas desescolarizadoras que estaban a nacer en países en vías de desenvolvemento. Un grupo de pensadores americanos, entre eles Paulo Freire, E. Reimer (School is Dead, A escola morreu, 1970) e Ivan Ilich (Deschooling Society, A sociedade desescolarizada, 1970), foron os que profundizaron na crítica contra...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Supresión ou evitación da polarización de pilas ou baterías, mediante a eliminación dos produtos que se acumulan nos electrodos, basicamente o hidróxeno que diminúe e pode anular o paso da corrente eléctrica.

    2. Redución na diferenza de potencial que existe a través da membrana celular das células electricamente excitables, como as neuronas e as células musculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que despolariza.

    2. Substancia que se emprega para despolarizar. As máis utilizadas son, entre outras, o K 2 Cr 2 O 7 , O 2 e Cl 2 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efectuar unha despolarización.

    2. Interromperse a polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén ou algo perda popularidade.

    2. Perder algo ou alguén a popularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de converterse o dólar estadounidense en patrón monetario da economía dun país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación en que se encontra un Estado en relación ao número de nenos en idade escolar e aos postos educativos de que dispón. Son moitos os factores que condicionan a demanda de educación e que repercuten directamente no proceso de escolarización. Así, o factor demográfico implica unha inmediata explosión escolar, aínda que esta depende moito do factor económico. Moitos países defenden que a educación é o mellor medio para consolidar e defender unha sociedade democrática. De aí que nos países máis adiantados a demanda social de educación medre constantemente porque as xeracións máis vellas tentan proporcionarlles ás máis novas unha formación superior á que eles tiveron coa idea de que a educación é un investimento primordial para o futuro. A taxa ou índice de escolarización determina a relación existente entre a poboación escolarizada e a escolarizable. Pode falarse logo de taxas ou índices altos, baixos ou deficientes. Unha escolarización deficiente prodúcese cando os alumnos están escolarizados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proporcionar un ensino básico ás persoas dende que son nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Articulación que se realiza coa participación dos labios, o posdorso da lingua e o veo do padal.

    2. Propagación do carácter labiovelar dun son a outros que forman parte dunha mesma secuencia sintagmática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lume ou calor que se desprende da lareira

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de particularizar ou particularizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser causa de que unha cousa se diferencie doutras da súa mesma especie ou clase.

    2. Dar a coñecer ou expresar algo con todas as súas circunstancias particulares.

    3. Distinguir ou mencionar especialmente algo ou alguén.

    4. Distinguirse ou diferenciarse unha persoa ou cousa das demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • polarizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia dun ión a deformarse, perdendo a simetría esférica do ión libre, a causa das atraccións ou repulsións electrostáticas que experimenta a nube electrónica. É importante sobre todo para os anións, e aumenta co volume e a carga.

    2. Capacidade dun medio de polarizar unha radiación electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible se sufrir polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de polarizar ou polarizarse.

      2. Condición dunha radiación luminosa (ou en xeral electromagnética), cuxo vector do campo eléctrico mantén unha certa orientación. Se en todos os puntos da dirección de propagacións ese vector permanece sempre nun mesmo plano (plano de polarización), a polarización é plana ou lineal. Se en cada punto da dirección de propagación o vector describe unha circunferencia, a polarización é circular, e se describe unha elipse é elíptica.

      1. Tipo de corrente que consiste no movemento de cargas nun dieléctrico situado nun campo eléctrico. É momentáneo se a ddp aplicada é continua, pero é permanente se é alterna.

      2. polarización dieléctrica

        Modificación de carácter vectorial que experimenta un dieléctrico sometido á influencia dun campo eléctrico. Débese á orientación das cargas moleculares. Exprésase mediante o vector polarización P .

      3. polarización dun eléctrodo

        Diminución do valor absoluto do potencial dun eléctrodo ao adherirse á súa superficie ións do mesmo signo ca el, feito que provoca unha diminución da intensidade de corrente proporcionada.

      4. polarización eléctrica

        Fenómeno que provoca, nun medio dieléctrico neutro, a separación das cargas eléctricas positivas e negativas que o compoñen e que é responsable da aparición, en cada elemento do volume ÄV, dun momento dipolar eléctrico Ä p .

      5. vector polarización

        ector P que equivale ao momento dipolar por unidade de volume que aparece en cada un dos puntos dun dieléctrico sometido a un campo eléctrico E .

    1. Superposición, nos sistemas de gravación magnética, dun campo magnético adicional ao creado polo sinal que se quere gravar, coa intención de conseguir unha linearidade aceptable no seu funcionamento. Emprégase xeralmente corrente alterna de frecuencia ultrasónica.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. polarizante.

    2. Prisma de Nicol, ou outro sistema óptico (turmalina, película polaroid, etc), que nun polarímetro produce luz polarizada e a envía ao analizador.

    VER O DETALLE DO TERMO