desescolarización

desescolarización

(

s f [EDUC]

Crítica realizada desde posicións de reforma da educación contra o monopolio das escolas estatais e dos sistemas escolares polo seu carácter de instrumentos reprodutores da ideoloxía dominante e da desigualdade social. A partir de 1925 detectáronse posicións críticas nesa liña, en particular no ámbito da cultura pedagóxica alemana, con autores como F. Paulsen e Vyneken, e varias iniciativas como os fogares de ensino campestre, o Plan Iena, e outros. Non obstante , os gobernos socialdemócratas e comunistas posteriores á Segunda Guerra Mundial reforzaron unha vía de reforma escolar e escolarizadora, e non foi ata os anos 60 cando se observou unha revitalización das perspectivas desescolarizadoras que estaban a nacer en países en vías de desenvolvemento. Un grupo de pensadores americanos, entre eles Paulo Freire, E. Reimer (School is Dead, A escola morreu, 1970) e Ivan Ilich (Deschooling Society, A sociedade desescolarizada, 1970), foron os que profundizaron na crítica contra as escolas como institucións tecnocráticas e predispostas a manipular as persoas, segundo os ditados da ideoloxía capitalista colonialista. Ademais a escola, é dicir, os sistemas escolares estatais e oficiais, transmitían a mensaxe de que ningunha aprendizaxe sería posible e válida -dada a certificación oficial- fóra desta escolarización formal; isto, en particular, tende a favorecer as elites económicas sobre todo no Terceiro Mundo, aínda que se rodea de total lexitimación ante o conxunto da sociedade. Fronte a isto, as teses desescolarizadoras propoñen a desestruturación dos sistemas educativos como aparatos estatais e a construción de redes libres e cooperativas de coñecemento.

Palabras veciñas

desertizar | deserto -ta | desertor -ra | desescolarización | desescuadrado -da | desescuadrar | desescurecer