"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

    1. Ave insectívora da familia dos apódidos, de ata 30 cm de lonxitude, alas longas e estreitas con forma de fociño, cabeza redonda co peteiro curto e ancho, de grande abertura bucal e patas curtas. A plumaxe é parda ou negra, coa gorxa branca e, ocasionalmente, con outras manchas abrancazadas. A cola é gallada e curta. Pasa a maior parte do tempo no aire, incluso mentres dorme, grazas á capacidade para elevarse durante a noitiña e planear en grandes círculos cun sistema de bloqueo alar. Só pousa para aniñar, en gretas de cantís ou covas, formando colonias. Algunhas especies fan os niños con gran variedade de materiais, que cementan con saliva. As crías poden almacenar gran cantidade de graxa subcutánea e manterse varios días no niño sen comer grazas a un descenso na súa temperatura e na taxa metabólica. Aliméntanse de aeroplancto, basicamente insectos que capturan durante o voo. Están amplamente distribuídos, agás en Australia e nas latitudes extremas, e realizan grandes migracións.

    2. Ave do xénero Hemiprocne, de 17 a 33 cm de lonxitude, de plumaxe cinsenta e cabeza riscada de branco, cunha curupela que desprega cando permanece pousado (capacidade que o distingue do resto dos cirrios) e coa cola moi gallada. Constrúe un niño feble, con cortizas e plumas pegadas a unha póla con saliva. Incuban un só ovo, suxeito tamén con saliva, que cobren cunha ala mentres se manteñen pousados na rama. Ao pouco de nacer, o polo trasládase á árbore onde recibe alimento dos pais. Vive en bosques, mangleirais e xardíns das cidades e caza insectos voadores; agarda, as máis das veces, dende un pousadoiro para volver a el unha vez capturada a presa. Existen tres especies, H. mystacea, H. longipennis e H. comata, distribuídas polo sueste asiático (Península Malaia e illas de Sumatra, Borneo, Xava, Bali e Célebes).

    3. Ave de 14 cm de lonxitude, coa mitra de cor branca. Na Península Ibérica ocupa niños de andoriña dáurica nas serras do S.

    4. Ave de 17 cm de lonxitude, coa plumaxe marrón escura, que forma colonias en gretas de edificios altos ou cantís naturais. Ten unha distribución paleártica e en Galicia ocupa todo o espazo aéreo na estación cálida.

    5. Ave americana de plumaxe castaña cinsenta e cola cadrada e curta, que aparece en Europa como ave divagante.

    6. Ave de 21 cm de lonxitude e 53 de envergadura, coa gorxa e o ventre brancos, e cunha franxa pectoral castaña, igual ca o resto do corpo. Forma pequenas colonias en cantís dende Galicia e Marrocos ata Baluchistán, ademais de poboacións no Indostán, África oriental e Australia. En Galicia está presente principalmente en cantís mariños.

    7. Ave de 16 cm de lonxitude, de cor castaña clara e gorxa branca, que aniña na área circunmediterránea. En Galicia é unha ave divagante.

    8. Ave do xénero Collocalia, de distribución asiática. Caracterízase por fabricar o niño enteiramente coa secrección salivar en teitos e paredes de cavidades naturais. Estas construcións, denominadas incorrectamente niños de andoriña, recóllense e empréganse para a elaboración de sopas. Existen dúas especies, C. inexpectata e C. elaphra, restrinxidas ás illas Seychelles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desenvurullo

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cadeira de brazos

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de estima ou de respecto que se amosa por alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover a intervalos con forza e de forma abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incitar a alguén.

    2. Anoxar a alguén mediante feitos ou ditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto himenóptero do xénero Bombus, semellante á abella pero máis grande (pode acadar os 3 cm), de voo ruidoso, co corpo robusto e moi peludo, de cores escuras ou claras e raiadas. Moi frecuente en todos os países temperados, vive en sociedades anuais non moi numerosas (50-200 individuos), en niños no chan construídos con brións, herbas e follas.

      2. abellón cuco /

        Abellón do xénero Psithyrus, parasito doutros abellóns aos que se semella; penetra nos seus niños, mata a raíña e deposita os propios ovos no lugar dos orixinais.

      3. abellón tinto /

        Abellón do xénero Xylocopa de corpo e ás de cor violácea intensa.

    1. Nome para designar o macho da abella doméstica.

      1. As bruxas en Galicia fan uso da capacidade de transmutación que, entre outras cousas, as caracteriza para se transformar en abellón e poder danar os animais caseiros. Esta crenza fornece ditos como “quen mata un abellón ten cen anos de perdón”.

      2. danza do abellón

        Ritual funerario, segundo semella só das Rías Baixas e hoxe en día desaparecido, que consistía en bailar ao redor do leito dun defunto durante o velatorio, tralo xantar ofrecido polos parentes. Os danzantes, collidos das mans, daban tres voltas ao redor do morto mentres imitaban o zunido do abellón; se algún deles interrompía calquera destas accións, sería o primeiro dos presentes en morrer. Este ritual semella estar representado plasticamente nas ‘danzas da morte’ dos tímpanos das igrexas románicas, onde se ve un esqueleto tocando un instrumento e dúas ou máis persoas en actitude de baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que adoita informarse dos asuntos alleos con disimulo.

    2. Que causa molestia ou fastío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Burato ou furado grande no tronco dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba reptante, de follas pinnadocompostas e estipuladas, flores amarelas de ata 5 mm, con 5 pétalos e 10 estames, e froito formado por 5 carpelos separados e espiñentos. Atópase en Galicia en terreos areosos secos e searas.

    2. Dor, pena provocada por un suceso triste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Chantada. Relacionados con esta caste están os apelidos Abrollido, Abrolleira e Abroulla. As súas armas levan, sobre campo de azur, un abrollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e teólogo, discípulo e sucesor de Eusebio de Cesárea (340-366). Defendeu un arrianismo extremo polo que foi deposto (343). Propuxo a fórmula homoiúsios (‘o fillo é só semellante ao Pai’) aceptada nos sínodos de Seleucia (359) e Constantinopla (360). O Emperador Xoviano obrigouno a asinar o Credo de Nicea (363), pero achegado novamente ao arrianismo puro foi deposto por segunda vez (365). Escribiu comentarios ao Eclesiastés e a outros libros bíblicos, dos que só se conservan fragmentos. Un grupo de teólogos seguidores seus denomináronse acacianos durante algún tempo (357-361).

    VER O DETALLE DO TERMO