Acacio de Cesárea, o Birollo

Acacio de Cesárea, o Birollo

Bispo e teólogo, discípulo e sucesor de Eusebio de Cesárea (340-366). Defendeu un arrianismo extremo polo que foi deposto (343). Propuxo a fórmula homoiúsios (‘o fillo é só semellante ao Pai’) aceptada nos sínodos de Seleucia (359) e Constantinopla (360). O Emperador Xoviano obrigouno a asinar o Credo de Nicea (363), pero achegado novamente ao arrianismo puro foi deposto por segunda vez (365). Escribiu comentarios ao Eclesiastés e a outros libros bíblicos, dos que só se conservan fragmentos. Un grupo de teólogos seguidores seus denomináronse acacianos durante algún tempo (357-361).