"loxo" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
desaloxamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lox(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos proboscídeos, da familia dos elefántidos, ao que pertencen o elefante de sabana e o elefante de bosque.
-
-
Curva dunha superficie que forma coas xeratrices un ángulo constante. Teñen unha especial importancia as loxodromías dunha superficie esférica, aplicadas á superficie da Terra.
-
Curva arqueada descrita sobre a superficie esférica terrestre por un punto que xira ao redor do polo afastándose continuamente e que corta os meridianos cun ángulo constante. É a traxectoria da nave que vai navegando sen cambiar de rumbo, cando este non é nin tramontana nin mediodía, nin levante nin poñente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Relativo ou pertencente á loxodromía.
-
Táboas que serven para calcular a vía seguida por un barco. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado na Casa do Concello da Coruña. Conta cunha colección de reloxos de diferente orixe, época e estilo, formada a partir de 82 pezas iniciais, que foron doadas por Antonio Ríos Mosquera en 1972. As pezas restantes proceden de diversas doazóns ou foron adquiridas polo concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto semisintético que deriva da oximorfona e que se presenta en forma de cristais que se funden a 184°C. Actúa como competidor da morfina e como análogo dos receptores encefálicos. Emprégase sobre todo no tratamento da sobredosificación por derivados opiáceos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Instrumento para medir o paso do tempo e indicar as horas e outras unidades de tempo. O fraccionamento do día e da noite baseouse orixinariamente no movemento aparente do Sol e das estrelas pola bóveda celeste, e os primeiros reloxos aproveitaron este movemento para indicar o transcurso das horas. Instrumentos astronómicos como o reloxo de sol e o astrolabio xurdiron para poder efectuar a lectura da hora indicada polo reloxo celeste mediante a observación da posición dos astros con respecto ao horizonte local. Para dispoñer da hora actualizada en calquera momento naceron os reloxos que dispoñían dun sistema ou mecanismo que tenta seguir o período do movemento aparente do Sol. Nun reloxo son importantes dúas calidades: a precisión ou exactitude e a sensibilidade ou definición. Antes do reloxo de péndulo a precisión dos reloxos mecánicos ou de auga resumíase aproximadamente nunha hora ao día e a unidade de tempo máis pequena que podía sinalar normalmente era o cuarto de hora. Co invento revolucionario...
-
reloxo analóxico
Reloxo en que a hora se indica mediante agullas ou outros elementos que cambian de posición dentro dun marco de referencia.
-
reloxo astronómico
Reloxo que, ademais das unidades de tempo habituais, dispón doutros indicadores de carácter astronómico, como as fases da lúa, a posición dos astros ou a ecuación do tempo.
-
reloxo atmosférico
Reloxo que dispón dun mecanismo que aproveita os pequenos cambios de temperatura do cuarto onde está situado, co fin de poder remontar automaticamente o seu peso ou resorte. Foi introducido polo británico James Cox no s XVIII.
-
reloxo atómico/molecular
Reloxo constituído por un patrón atómico de frecuencia que produce oscilacións dunha frecuencia moi estable e por un dispositivo electrónico que permite contar estas oscilacións. Os patróns atómicos de frecuencia pódense clasificar en tres grandes categorías: os máser, os resonadores de chorro atómico (ou de feixe atómico) e as células de gas. Os máser son patróns activos mentres que os resonadores de chorro atómico e as células de gas son patróns pasivos, é dicir, necesitan unha excitación exterior. Uns dos reloxos atómicos máis exactos do mundo é o deseñado pola Hewlett-Packard, de Palo Alto (California) e presentado en 1992, cun atraso máximo dun segundo cada 1,6 millóns de anos.
-
reloxo automático
Reloxo portátil que está provisto dun mecanismo complementario que dá corda ao reloxo a partir dos movementos que efectúa o que o leva. Pódense considerar tamén reloxos automáticos os atmosféricos e os provistos de células fotoeléctricas.
-
reloxo biolóxico /
Reloxo que se basea en que certos mecanismos biolóxicos e fisiolóxicos que posúen os animais vertebrados xeran constantemente diferentes ritmos eléctricos, algúns de frecuencia moi estable, detectables mediante un encefalograma. Algúns dos ritmos biolóxicos xerados polos seres vivos teñen relación cos movementos da Terra. Os reloxos biolóxicos determinan a entrada en actividade e a interrupción das diferentes actividades internas do ser vivo.
-
reloxo de area
Instrumento que consiste en dous recipientes de vidro unidos por un orificio moi pequeno. O tempo mídese segundo o tempo que tarda unha cantidade de area moi fina en pasar dun recipiente ao outro.
-
reloxo de campanario/torre
Reloxo de grandes dimensións que, situado en torres, campanarios ou edificios, indica a hora mediante unha ou varias esferas e, a miúdo, mediante o toque das campás, empregándose unha campá de son agudo para indicar os cuartos e unha de son máis grave para as horas.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral que está situada entre a de Eridano, Dourada, Retículo e Hidra macho. Contén 35 estrelas visibles a simple vista, e as máis brillantes son de cuarta magnitude e quinta. O astro principal é á− Horologii que ten unha magnitude de 3,83 e está situado a unha distancia de 148 anos luz.