loxodromía

loxodromía

(< loxo- + -dromía)

  1. s f [MAT]

    Curva dunha superficie que forma coas xeratrices un ángulo constante. Teñen unha especial importancia as loxodromías dunha superficie esférica, aplicadas á superficie da Terra.

  2. s f [XEOG/MAR]

    Curva arqueada descrita sobre a superficie esférica terrestre por un punto que xira ao redor do polo afastándose continuamente e que corta os meridianos cun ángulo constante. É a traxectoria da nave que vai navegando sen cambiar de rumbo, cando este non é nin tramontana nin mediodía, nin levante nin poñente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

Loxo | loxo- | Loxodonta | loxodromía | loxodrómico -ca | LOXSE | Loy, Myrna