loxodromía
loxodromía
(< loxo- + -dromía)
-
s
f
[MAT]
Curva dunha superficie que forma coas xeratrices un ángulo constante. Teñen unha especial importancia as loxodromías dunha superficie esférica, aplicadas á superficie da Terra.
-
s
f
[XEOG/MAR]
Curva arqueada descrita sobre a superficie esférica terrestre por un punto que xira ao redor do polo afastándose continuamente e que corta os meridianos cun ángulo constante. É a traxectoria da nave que vai navegando sen cambiar de rumbo, cando este non é nin tramontana nin mediodía, nin levante nin poñente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].