"meteo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • Afección provocada por fenómenos meteorolóxicos, sobre todo polos descensos súbitos da presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da meteoroloxía que estudia a relación entre as condicións meteorolóxicas e o desenvolvemento dos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro meteorolóxico fundado en 1973 e en funcionamento dende 1979. Con sede en Reading (Reino Unido), agrupa dezasete países europeos, aos que lles proporciona diariamente previsións do tempo para un período de sete días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, fillo de Xápeto e de Clímene. Pertence á tribo dos titáns e ten por irmáns a Atlante, Menecio e Prometeo. Zeus ofreceulle a Pandora e, coa aceptación desta relación, orixinou todas as desgracias da humanidade; coa ela enxendrou a Pirra, que casaría con Deucalión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Saturno, descuberto pola sonda Voyager-1 en 1980. Ten unha forma irregular, dentada, e unhas dimensións de 70´60´50 km. Xunto con Xano, co que comparte órbita, sitúase no anel F de Saturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meteoro acuoso determinado pola condensación ou conxelación do vapor de auga atmosférico. Pódese presentar en gotas líquidas en suspensión (as nubes, a néboa e a brétema), en precipitacións líquidas ou sólidas (a chuvia, a neve e o pedrazo) e en depósito líquido ou sólido formado directamente en contacto co terreo sen que o depósito sexa precipitado (orballo e xeada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da meteoroloxía que estudia os produtos da condensación e sublimación do vapor de auga atmosférico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘carneiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cráter meteorítico situado no estado de Arizona, EE UU, na chaira de Colorado, a 30 km ao O de Winslow. Ten un diámetro de máis de 1.200 m e unha profundidade duns 180 m. Foi descuberto en 1891 e crese que data de hai 24.000 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos meteoros.

    2. Que semella un meteoro pola súa rapidez, brillo ou curta duración.

    3. Que se produce ou realiza cunha gran rapidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avultamento do abdome por gases acumulados no tubo dixestivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao meteorito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido do medio interplanetario, xeralmente de pequeno tamaño, que penetra na atmosfera da Terra, a unha gran velocidade (de 11 a 74 km/s). Ao atravesala, quéntase a causa do rozamento co aire, as moléculas do aire absorben parte da calor que desprende e pasan a un estado excitado ou ben ionízanse. Ao tornar as moléculas de aire ao seu estado fundamental emiten luz visible. A traxectoria do meteorito delátase polo trazo luminoso e polo rastro de moléculas excitadas que orixina ao seu paso. Este rastro luminoso, popularmente coñecido por estrela fugaz, é un meteoro. A maioría dos meteoritos que penetran na atmosfera volatilízanse antes de chegar á Terra, xa que a súa supervivencia depende da masa; así, os de masa inferior aos 10-7 g non se volatilizan e incorpóranse á atmosfera como partículas en suspensión, e os de masa comprendida entre 10-7 g e 103 g fano ao percorrer a atmosfera. Os de masa superior a 1kg chegan a alcanzar a superficie da Terra,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración e descomposición das rochas da superficie terrestre pola acción mecánica e química dos axentes erosivos atmosféricos, dos que destacan a auga, o vento e os cambios de temperatura. As plantas tamén colaboran eficazmente na descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar meteorismo.

    2. Producir meteorización.

    3. Caer meteoros na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno físico que se produce na atmosfera e que caracteriza o tempo. Clasifícanse en meteoros aéreos, que están relacionados cos ventos; acuosos, que se deben á condensación, á precipitación e á conxelación do vapor de auga atmosférico (néboa, nubrado, chuvia, orballo, xeada); luminosos, que se deben a fenómenos ópticos de reflexión, refracción ou difracción dos raios de Sol (arco da vella) e eléctricos, que se producen pola carga eléctrica atmosférica (raios, tronos).

    2. Fenómeno luminoso que se pode observar no firmamento e que se orixina cando un meteoroide entra na atmosfera terrestre, e que popularmente recibe a denominación de estrela fugaz. Os meteoros máis correntes aparecen como un punto luminoso que se move entre as estrelas ata que se apaga dunha maneira máis ou menos brusca. Nalgúns casos, o meteoro deixa un rastro luminoso que pode permanecer no firmamento durante un certo tempo, e pode ser de cor branca, verde, vermella ou amarela. Nos casos en que os rastros son persistentes, os meteoros adoitan ir acompañados de ruídos característicos. Nunha noite clara son visibles de 2 a 10 meteoros por hora e a súa distribución polo firmamento é ao azar (meteoros esporádicos). En certas épocas do ano o número de meteoros por hora pode chegar ao centenar, e a maioría proveñen dunha mesma rexión do firmamento; neste caso coñécese popularmente como chuvia de estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Vigo a partir de 1867 e que cesou aos dous meses. Fundado e dirixido por Pascual Ruíz Enríquez, participaron na súa redacción Luís Taboada Coca e Xoán Neira Cancela. Como publicación humorística algunhas das súas críticas e ironías motivaron o seu peche e o posterior desterro do director.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘elevado no aire’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro dos fenómenos meteorolóxicos a través dos meteorógrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á meteorografía.

    VER O DETALLE DO TERMO