hidrometeoro

hidrometeoro

(< hidro- + meteoro)

s m [METEOR]

Meteoro acuoso determinado pola condensación ou conxelación do vapor de auga atmosférico. Pódese presentar en gotas líquidas en suspensión (as nubes, a néboa e a brétema), en precipitacións líquidas ou sólidas (a chuvia, a neve e o pedrazo) e en depósito líquido ou sólido formado directamente en contacto co terreo sen que o depósito sexa precipitado (orballo e xeada).