"migrante" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Que ou quen emigra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Londres en 1973. Fundada por Carlos Durán, na súa edición participaron o Centro Galego da capital londinense, o Hogar Español e o Club Antonio Machado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en Bos Aires a partir de xuño de 1954. Cesou a súa edición en maio de 1959 (nº 37). Dirixida por Luís Seoane, na súa elaboración participaron destacados intelectuais galegos, a maior parte deles exiliados, como D. García Sabell, Ánxel Fole, Xulio Camba, E. Blanco Amor, Florentino Cuevillas, I. Díaz Pardo e R. Otero Pedrayo, entre outros. Trátase dunha das publicacións máis relevantes da prensa galega no exterior na que se incluíron crónicas sobre Galicia, biografías, noticias e reportaxes, xunto cunha sección para textos, poemas e recensións literarias. Atendeu tamén aos autores non galegos que escribiron sobre Galicia e engadiu artigos críticos sobre a realidade teatral e cinematográfica en Arxentina. En moitos dos seus artigos defendeu a República española e o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en 1936. No apartado gráfico, cómpre subliñar os debuxos de Seoane, Maside, Castelao, Cebreiro, Xohán Ledo, Leopoldo Nóvoa e Curtis, ademais das fotografías de Xosé...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia nacionalista editado a partir de 1974. Subtitulouse “Voceiro da Unión do Povo Galego” e estaba dirixido aos emigrantes galegos no exterior. Foi o substituto de Terra e Tempo e Denuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico que comezou a súa emisión o 10 de outubro de 1954 en LS-10-Radio Libertad, de Bos aires. Deixou de emitirse o 18 de abril de 1971. Dirixido polo propio Luís Seoane, máximo responsable da revista homónima, contaba co apoio de Xosé A. Fernández. No programa tiñan cabida as crónicas de feitos galegos en América e servía de canle de comunicación coa Península para coñecer a realidade que se estaba a desenvolver en Galicia. Para estas audicións, Seoane escribiu máis de 850 crónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen inmigra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen migra.

    VER O DETALLE DO TERMO