"nerón" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Político e xeneral romano, pai de Druso e do Emperador Claudio. Coñecido como o Vello ou o Xermánico, xunto co seu irmán, o Emperador Tiberio, participou na conquista da Retia e da Vendelicia (15 a C). Ocupou e organizou Xermania (12 a C-9 a C) en tres campañas. Nomeado cónsul no 9 a C, chegou ata o Elbe e enfrontouse cos suevos, marcomanos e queruscos. Morreu durante a última campaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Home cruel e despótico.
-
PERSOEIRO
Emperador de Roma (54-68), fillo de Cneo Domicio Ahenobarbo e de Agripina. O seu nome orixinal era Lucio Domicio Ahenobarbo, ata que o Emperador Claudio, o adoptou e tomou o nome de Nerón Claudio César Druso Xermánico. Casado con Octavia, filla de Claudio, ao morrer este foi proclamado emperador (54) polos pretorianos. Entón fixo matar ao fillo de Claudio, Británico, desterrou á súa muller Agripina, e entregouse a unha vida de pracer, libertinaxe e crueldade. Cultivou apaixonadamente a música e a poesía, aumentou o fasto da corte e, nunha tentativa megalomaníaca de helenizar Roma, instituíu xogos e construíu suntuosas residencias, trazou unha nova urbanización da cidade e fixo diversos monumentos. Repudiou a Octavia, fíxoa matar e contraeu segundas nupcias con Popea, a quen tamén matou. Pola súa política fíxose odioso á oposición, á clase adiñeirada e tamén ao pobo. Este odio incrementouse cando, a pouco da reforma urbanística feita na cidade, fixo incendiar a Suburra e contemplou a súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Nerón.