Druso, Nerón Claudio

Druso, Nerón Claudio

Político e xeneral romano, pai de Druso e do Emperador Claudio. Coñecido como o Vello ou o Xermánico, xunto co seu irmán, o Emperador Tiberio, participou na conquista da Retia e da Vendelicia (15 a C). Ocupou e organizou Xermania (12 a C-9 a C) en tres campañas. Nomeado cónsul no 9 a C, chegou ata o Elbe e enfrontouse cos suevos, marcomanos e queruscos. Morreu durante a última campaña.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso

    Lugar : Maguncia