"oreta" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • Persoa que se retira a un lugar solitario para levar unha vida de silencio, pregaria e mortificación. A figura do anacoreta é común en moitas relixións históricas: Hinduísmo, Budismo, Islamismo, Xudaísmo. No Cristianismo, o termo pode facer referencia tanto aos cenobitas coma aos eremitas, mais na práctica aplícase aos últimos, é dicir, a persoas que viven completamente soas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, que pode acadar 1 m de lonxitude, moi semellante ao atún, coas aletas pectorais e ventrais moi curtas e as dúas dorsais moi xuntas (a primeira falciforme). O dorso é azul escuro con liñas escuras, o ventre claro e baixo as aletas pectorais posúe unhas manchas negras. Distribúese por todo o Atlántico tropical ata o litoral da Península Ibérica. É de carácter peláxico e moi difícil de observar na costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Denominación común dos insectos da orde dos lepidópteros, referida especialmente á fase adulta das especies de hábitos diurnos. No ciclo reprodutor das bolboretas, das que se teñen descrito máis de 100.000 especies, distínguense claramente catro fases: adulto, ovo, eiruga e pupa. Os adultos poden ser de tamaños diversos, dende os poucos milímetros dos microlepidópteros ata os 30 cm de envergadura da especie americana Thysania agrippina, e caracterízanse por presentar normalmente dous pares de ás recubertas de escamas imbricadas que se orixinaron a partir de pelos modificados. Os pigmentos e as pequenas arestas que cobren a superficie da escama son os responsables da cor e da iridiscencia do animal; cada especie ten un deseño distinto que permite que se recoñezan no momento da reprodución. Algunhas especies, sen embargo, non presentan esta cuberta de xeito que as súas ás teñen un aspecto transparente; isto axúdalles a pasar inadvertidas ou a ser confundidas con grandes avespas perigosas....

      2. bolboreta da seda

        Nome que reciben as bolboretas do xénero Bombyx.

    1. Estilo de natación que consiste en nadar en posición ventral. Os brazos fan un movemento circular que produce tracción cando están baixo a auga e que é de recuperación cando están fóra, movendo as pernas de forma simultánea.

    2. Obturador, polo xeral de forma elíptica, que pode xirar ao redor do diámetro menor e estrangular máis ou menos o paso do conduto onde está situado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘mollar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pobre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos filólogos que fixaron o texto hebreo da Biblia entre os ss VI e XV. A súa obra consistiu fundamentalmente na fixación dos signos de vocalización, acentuación, pronunciación e entoación para a lectura pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, da xerga dos cesteiros e da verba dos arxinas, ou canteiros, que corresponde á voz ‘auga’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘mar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘río’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘choro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Tarraconense, na parte oriental das actuais provincias de Jaén e Ciudad Real, onde habitaba o pobo oretano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo oretano.

    2. Individuo do pobo oretano.

    3. Pobo ibero que se estableceu nas partes altas das concas do Guadalquivir e do Segura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, e da verba dos arxinas ou canteiros que corresponde ás voces ‘chover, chorar, lavar, mexar e mollar’.

    2. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘cuspir’.

    3. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘chorar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Pradoalbar e Chaguazoso (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.537 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO