"presenta" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • Cámara baixa do Congreso dos EE UU. Consta de 435 membros, denominados congresistas, elixidos cada dous anos en proporción ao número de habitantes de cada estado. O Senado e a Cámara de Representantes están en condición de igualdade lexislativa, agás no caso do impeachment, e en materia de impostos, aspectos nos que unicamente a Cámara de Representantes posúe a iniciativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode presentar.

    2. Que ou quen ten un aspecto ou calidade inaceptable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode representar, especialmente referido ás obras dramáticas que non son aptas para representar en escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘arroba’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • presentable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser presentado.

    2. Que é digno de ser presentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de presentar.

    2. Aspecto ou aparencia exterior de algo

    3. Rito do Antigo Testamento polo que os pais consagraban a Iavé os primoxénitos no templo de Xerusalén; despois pagaban a redención por cinco séculos.

    4. Parte fetal que penetra primeiro no conduto pelviano e que polo seu volume e consistencia condiciona un determinado mecanismo de parto. As formas habituais de presentación son a cefálica ou de cabeza (a máis frecuente), a de nádegas e a transversa (presentación distócica).

    5. Privilexio polo que un monarca ou xefe de estado podía propoñerlle ao papa, ao quedar vacante unha sé episcopal, un candidato para que fose elixido e consagrado bispo. No Estado español este privilexio foi perpetuado polo goberno de Franco ata despois de que o Concilio Vaticano II pedira a liberdade para a Igrexa nestes asuntos. O rei Xoán Carlos I renunciou a este dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que evoca a festa cristiá da Presentación no Templo. Provén do latín praesentatĭo, derivado de praesentāre ‘poñer diante, á vista’. Ten como hipocorísticos Presenta e Presen. Segundo as crónicas, en 543, por orde do Emperador Xustiniano e en memoria da Presentación de María, dedicouse un templo construído sobre o pardiñeiro do antigo templo de Xerusalén. A festa da Presentación de María nace como moitas das festas da Virxe en Oriente, e dos mosteiros gregos de Italia pasa a Inglaterra. Como os evanxeos canónicos nada din deste feito e só falan del os apócrifos, Pío V suprimiu a festa, pero reinstaurouna Sisto V en 1585. Xoán XXIII mudou en 1960 a denominación da festa da Purificación de María, tamén coñecida coma Candeloria, por Presentación de Cristo no Templo. A súa festividade celébrase o 2 de febreiro (a de Xesús Cristo) e o 21 de novembro (a de María).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Poñer algo de xeito que sexa visto para que alguén o colla, o vexa ou o examine.

      2. presentar armas

        Poñerse coa arma alzada e en posición vertical como ofrecendo a arma a un superior. Na rendición de honores, correspóndelle ás máximas autoridades, civís ou militares.

    1. Ofrecer un determinado aspecto.

      1. Facer que se coñezan dúas ou máis persoas.

      2. Introducir a alguén que vai falar ou actuar.

      3. Dar a coñecer algo en público.

    2. Conducir ou animar un programa de radio ou de televisión, un espectáculo, unha festa, etc.

    3. Comparecer ante alguén.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • representable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode representar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de representar.

    2. Conxunto de persoas que representan unha corporación.

    3. Cousa que representa algo ou a alguén.

    4. Poder, de carácter revogable, outorgado legalmente a un procurador, avogado ou graduado social colexiado, para representar a alguén nunha causa procesual. Este poder remata coa morte da persoa que o dá, se o litigante transmite os seus dereitos sobre a cousa litixiosa a outra persoa ou á morte ou cese no oficio do procurador.

    5. Reprodución consciente dun obxecto efectivamente presente, dunha percepción pasada ou dun acontecemento futuro. Segundo o sentido que predomina na percepción dos obxectos fálase de representacións ópticas ou acústicas, entre outras. Segundo a forma que a representación adopta fálase de representacións eidéticas e non eidéticas, conceptuais, efectivas ou volitivas.

    6. Grupo de permutacións, matrices ou transformacións que é isomorfo respecto doutro grupo dado. Cando se trata con grupos abstractos é necesaria unha representación do grupo, para operar mellor con el.

    7. Dado un grupo G, grupo H tal que existe un homomorfismo de G en H epixectivo (ou exhaustivo). Dise que H é a representación de G.

    8. Obra de teatro presentada ante o público.

    9. Método gráfico mediante o que é posible debuxar unha figura (punto, curva ou superficie) nun espazo dado.

    10. Método que permite representar figuras ou elementos do espazo mediante debuxos planos. Dos sistemas de representación máis utilizados destacan os diferentes tipos de proxección (como o de planta e alzado) e de perspectiva. Constitúe a base da xeometría descritiva e ten unha aplicación importante no debuxo técnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que representa.

      1. Persoa que representa a outra, que a substitúe no exercicio dos seus dereitos ou no cumprimento dos seus deberes.

      2. Persoa física e xurídica que ten, en exclusiva, a atribución de facer contratos de compravenda en nome dunha determinada entidade económica ou comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer presente mediante palabras ou símbolos a imaxe que se retén na mente.

    2. Reproducir nun debuxo ou pintura a imaxe de algo.

    3. Servir como símbolo de algo.

    4. Ser o mellor exemplo de algo, debido ás súas calidades.

    5. Facer de representante dunha persoa física ou xurídica.

      1. Executar en público unha obra dramática, unha comedia ou unha ópera.

      2. Interpretar un papel na execución dunha obra.

    6. Levar algunha cousa algo consigo de forma implícita.

    7. Ser algo máis ou menos importante para alguén.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de representativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para representar.

    2. Que foi elixido de forma democrática, por elección popular.

    3. Que representa os intereses do grupo ou comunidade ao que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO