presentación

presentación

(< latpraesentatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de presentar.

  2. s f

    Aspecto ou aparencia exterior de algo

  3. s f [RELIX]

    Rito do Antigo Testamento polo que os pais consagraban a Iavé os primoxénitos no templo de Xerusalén; despois pagaban a redención por cinco séculos.

  4. s f [MED]

    Parte fetal que penetra primeiro no conduto pelviano e que polo seu volume e consistencia condiciona un determinado mecanismo de parto. As formas habituais de presentación son a cefálica ou de cabeza (a máis frecuente), a de nádegas e a transversa (presentación distócica).

  5. dereito de presentación [DER]

    Privilexio polo que un monarca ou xefe de estado podía propoñerlle ao papa, ao quedar vacante unha sé episcopal, un candidato para que fose elixido e consagrado bispo. No Estado español este privilexio foi perpetuado polo goberno de Franco ata despois de que o Concilio Vaticano II pedira a liberdade para a Igrexa nestes asuntos. O rei Xoán Carlos I renunciou a este dereito.

Palabras veciñas

presenta | presentábel | presentable | presentación | Presentación | presentador -ra | presentar