"quilé" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • PERSOEIRO

    Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba das cortadelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das ranunculáceas ao que pertencen os paxariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade etrusca situada ao S da actual Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome derivado, ao igual que Aquiles, do grego Akilleus (Ảχιλλεύς). Aquileo é o nome dun antigo militar romano quen, como consecuencia de se converter ao Cristianismo, foi martirizado en tempos de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar eunuco romano que, logo de se converter ao Cristianismo, desertou xunto co seu compañeiro san Nereo e a súa ama Domitila; por esta razón, foi condenado en tempos de Diocleciano e sufriu martirio na illa de Poncia. Sobre o seu sepulcro, na Ardeatina (Roma), construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Akilleus (Ảχιλλεύς), que chegou a nós a través do latín Achilles. É un nome de longa tradición en Grecia, quizais a pegada dalgunha lingua pregrega e, xa que logo, cunha etimoloxía difícil de clarificar. O poema épico de Homero a Ilíada desenvolve como tema central a cólera do heroe grego Aquiles, o dos pés lixeiros, quen despois de loitar contra os troianos morre no campo de batalla ao ser alcanzado no calcañar por unha frecha. A raíz deste feito fíxose moi sonada a expresión o “calcañar de Aquiles” para referirse ao único punto vulnerable do heroe aqueo. A festividade de santo Aquiles, mártir en Roma, celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe mítico da Guerra de Troia, tamén chamado Aquileo, fillo de Peleo e da deusa Tetis. Rei dos mirmidóns, na cidade de Tesalia, marchou cos seus súbditos á Guerra de Troia. Enfrontado con Agamemnon, xefe da expedición aquea, pola posesión da escrava Briseida, abandonou a loita e non regresou ata que o seu amigo Patroclo morreu en combate contra Héctor, o campión dos heroes troianos e fillo de Príamo, Rei de Troia. Por mor deste feito, Aquiles desafiou a Héctor a un combate singular no que conseguiu matalo, o que, segundo a profecía que o propio Aquiles coñecía, daría lugar á súa morte pouco despois. En efecto, o príncipe Paris, irmán de Héctor e raptor de Helena, muller de Menelao, irmán de Agamemnon (feito que disculpara o inicio da guerra dos gregos contra o estratéxico enclave troiano), matouno disparándolle unha frecha ao calcañar, único punto vulnerable do heroe. A figura de Aquiles, eixe da historia que deu lugar á Ilíada de Homero, aparece en abundantes obras posteriores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Das obras que conservamos del destacan As aventuras de Leucipo e Clitofonte, novela de gran difusión no Imperio Bizantino e que máis tarde influíu na narrativa renacentista europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendón do home, de inserción dos músculos posteriores da perna (xemelgos e sóleos) no calcaño. A súa rotura causa a imposibilidade de estender voluntariamente o pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de características estilísticas dunha obra, dende o punto de vista do lector, nunha época e nun momento concreto da historia, que o crítico literario toma como referencia para elaborar as súas análises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Gramático na escola da corte de Carlomagno, participou na loita contra o adopcionismo e escribiu un Libellus sacrosyllabus contra Elipandum, dirixido contra Elipando de Toledo e os adopcionistas; tres libros Contra Felicem Urgellitanum episcopum e un Liber exhortatorius. A súa festividade celébrase o 9 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘nada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de quilo no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e historiador da Igrexa. Orixenista, gañou a inimizade de san Xerome e dos seus, pero permaneceu fiel a Oríxenes ata a morte. Foi ordenado presbítero por Xoán II de Xerusalén. Residiu entre os monxes do deserto de Nitria e de Palestina. Coas súas traducións, foi un dos máis grandes transmisores das letras eclesiásticas gregas no Occidente latino.

    VER O DETALLE DO TERMO