"rami" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 158.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a ictericia hemolítica de carácter adquirido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo de mámoas situado na parroquia de Xillar (Outeiro de Rei). Debido á presenza de antas nas que a cámara é de planta poligonal e polas características do enxoval achado no seu interior pertence ao apoxeo do Megalitismo.
-
-
-
Raspar os ladrillos, baldosas ou azulexos para igualalos.
-
Construír unha parede con cachotes de ladrillo.
-
Figurar con pinturas fiadas de ladrillos nunha parede ou construción.
-
-
Trazar ou marcar liñas rectas paralelas por medio do gramil.
-
-
PERSOEIRO
Político albanés. Partisano (combatente da resistencia á ocupación italiana) durante a Segunda Guerra Mundial, foi cofundador no 1941 do Partido Comunista Albanés (dende 1948 Partido do Traballo), e formou parte parte dende aquela do seu Comité Central. Dende 1982 detentou o cargo de Presidente do Presidium e Xefe do Estado. O seu mandato tendeu a rachar co illamento imposto ao país por Enver Hoxha. A partir do 1988 promoveu unha certa liberalización do réxime: legalizou os partidos políticos e convocou eleccións no 1991, en que foi confirmado como Xefe do Estado, iniciou as relacións diplomáticas con Washington e Moscova, e restableceu a liberdade relixiosa logo de 20 anos de prohibición. Por mor das desordes producidas pola grave crise económica, o descontento social e, sobre todo, o éxodo masivo de albaneses cara a Italia en xuño de 1991, o seu Primeiro Ministro,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que fai anagramas.
-
Persoa que esconde a súa auténtica identidade baixo un anagrama.
-
-
-
Que actúa contra as gramíneas.
-
Produto fitotóxico especialmente activo contra as gramíneas. En doses elevadas actúa como un herbicida e afecta tamén ás dicotiledóneas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de pirámide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terra de labor que é adecuada ou que está en sazón para sementar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arame.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante básico do grupo do difenilmetano. Obtense condensando a dimetilanilina e o aldehido fórmico. Emprégase como colorante de fibras animais, como antiséptico e como funxicida.
-
PERSOEIRO
Matemático e físico italiano. Publicou traballos sobre hidrodinámica, óptica, teoría do potencial, electromagnetismo e termodinámica, e deu un gran pulo aos estudios sobre elasticidade. Estudiou a teoría de funcións de variable complexa e as xeometrías non euclidianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está constituído por dúas pirámides unidas polas bases.
-
Que presenta dúas pirámides situadas nas extremidades dun prisma.
-
-
-
Acción de bramar.
-
Ruxido emitido por ruminantes como os touros e outros animais salvaxes.
-
Berro ou voz forte da persoa que está colérica e furiosa.
-
Ruído forte producido polo aire, polo mar, etc.
-
-
-
Peixe da familia dos brámidos.
-
Familia de peixes mariños da suborde dos percoides, próximos os corifénidos, de corpo bastante alto e comprimido, algunhas veces ovalado, mandíbula moi prominente e aletas dorsal e anal longas. Os adultos presentan a aleta caudal profundamente escotada. Distínguense os xéneros Brama, Pterycombus, Taractes e Taractichthys.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. No testeiro atópase unha pequena ventá semicircular con columnas acobadeladas nas xambas. O arco triunfal é semicircular peraltado, elevado sobre semicolumnas pegadas. A nave ten unha cuberta de madeira a dúas augas mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón da mesma directriz que o arco triunfal. A portada principal e a sur están formadas por unha dobre arquivolta semicircular sostida por columnas acobadeladas nas xambas. A espadana é do s XVIII. A tradición conta que a igrexa se erixiu en lembranza dunha batalla librada no s IX entre Ramiro I e os normandos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo primitivo de compás usado polos árabes, que consistía nunha agulla magnetizada provista dun flotador ou situada nun canón, que se somerxía en auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
camariña.
-
PRAIAS
Praia do fondo da enseada da Pobra do Caramiñal, na beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello da Pobra do Caramiñal.
VER O DETALLE DO TERMO