Alia, Ramiz

Alia, Ramiz

Político albanés. Partisano (combatente da resistencia á ocupación italiana) durante a Segunda Guerra Mundial, foi cofundador no 1941 do Partido Comunista Albanés (dende 1948 Partido do Traballo), e formou parte parte dende aquela do seu Comité Central. Dende 1982 detentou o cargo de Presidente do Presidium e Xefe do Estado. O seu mandato tendeu a rachar co illamento imposto ao país por Enver Hoxha. A partir do 1988 promoveu unha certa liberalización do réxime: legalizou os partidos políticos e convocou eleccións no 1991, en que foi confirmado como Xefe do Estado, iniciou as relacións diplomáticas con Washington e Moscova, e restableceu a liberdade relixiosa logo de 20 anos de prohibición. Por mor das desordes producidas pola grave crise económica, o descontento social e, sobre todo, o éxodo masivo de albaneses cara a Italia en xuño de 1991, o seu Primeiro Ministro, Fatos Nani, dimitiu e Alia viuse na obriga de convocar eleccións anticipadas (1992), tras as que foi substituído por Sali Berisha. En setembro de 1992 procesárono e sometérono a arresto domiciliario por malversación de fondos da axuda italiana ao desenvolvemento. En agosto de 1993 foi condenado a 12 anos de prisión. En 1997 foi xulgado por crimes contra a humanidade pero saíu absolto.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Shköder

  • Falecemento

    Lugar : tirana Coordeadas : Ver en Google Maps