"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • REXIÓNS

    Rexión do NL de África, que comprende en senso estricto o cadrante NO de Etiopía. Xeograficamente corresponde ao macizo ou altiplano etiópico, antigamente chamado de Abisinia (250.000 km2). Así mesmo, esta denominación xeográfica empregouse durante a ocupación italiana (1935-1941) para designar os territorios de Eritrea, Etiopía e Somalia. Por esta razón emprégase de xeito inapropiado para referirse ao conxunto de Etiopía e aos seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Abisinia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Abisinia.

    3. Pobo do NL de África, que toma o nome de Abisinia. De orixe semita, no s X a C pasa do Iemen ao Corno de África onde se funde cos pobos autóctonos, se ben conservando a lingua semita. No s IV cristianizouse.

    4. Lingua abisinia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clase de resinas termoplásticas obtidas por copolimerización de acrilonitrilo, butadieno e estireno en distintas proporcións, amplamente empregadas para moldear pezas industriais. De custo moderado, son duras, ríxidas e moi resistentes ao choque, á vez que amosan propiedades eléctricas favorables. Resisten os aceites e a maioría de disolventes e produtos químicos. Empréganse para a fabricación de automóbiles e electrodomésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece inicialmente a Accademia Pontaniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada no ano 1928 en Nanxing, China, coa finalidade de dirixir e de promover as investigacións científicas. Logo da Guerra Civil, que enfrontou os nacionalistas e os comunistas, trasladouse, ao mesmo que o goberno nacionalista, a Taipei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade irregular aparecida en Vigo en febreiro de 1984 e subtitulada “Boletín informativo de UGT Galicia”. Foi dirixida por Rubén Lobariñas Martínez. Atravesou dúas etapas, pois a partir de 1992 trasladou a súa redacción a Santiago e o seu director é Xoán Fontenla Fernández. Tamén na segunda, ademais do director, apareceron como redactores Enrique Teixeiro, Manuel Couce e Emilio Uriz, entre outros. Contiña as seccións: Editorial, Opinión, Entrevista, Actualidad, La Coruña, Ferrol, Pontevedra e Orense. Introducíanse nela novas sobre a reconversión industrial, negociacións de convenios colectivos, mercado de traballo e fomento do emprego, cooperativismo e estatuto dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario obreiro de significación anarcosindicalista, editado na cidade do Ferrol en 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de virilismo de orixe corticosuprarrenal que aparece na muller e que se caracteriza por diabete pancreática e hirsutismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión incompleta entre os extremos das metades dun cromosoma durante a meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo de dúas proteínas, actina e miosina (na proporción de 1:4,3), que forma o 60% das proteínas do tecido muscular e que constitúen a substancia contráctil deste. Pola solubilidade, a actomiosina é unha globulina, pero presenta unha estrutura semellante á da queratina, cousa que a clasificaría entre as escleroproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ribósido da adenina. Sólido cristalino que se funde a 229°C. A adenosina é un nucleósido que resulta da combinación dunha molécula de β-D-ribosa e dunha molécula de adenina. O nucleótido correspondente é o ácido adenílico. É o constituínte de substancias de importancia fundamental (AMP, ADP, ATP, RNA, DNA e outras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno que presenta unha miotonía pupilar, unilateral ou bilateral, con reaccións á luz e á acomodación moi lentas, que a miúdo parecen abolidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección   caracterizada por obesidade feminoide, hipogonadismo e déficit de hormona gonadotropina por disfunción hipotalámica ou hipofítica. Tamén se coñece como síndrome de Fröhlich.

    VER O DETALLE DO TERMO