adenosina
adenosina
s
f
[BIOQ]
Ribósido da adenina. Sólido cristalino que se funde a 229°C. A adenosina é un nucleósido que resulta da combinación dunha molécula de β-D-ribosa e dunha molécula de adenina. O nucleótido correspondente é o ácido adenílico. É o constituínte de substancias de importancia fundamental (AMP, ADP, ATP, RNA, DNA e outras).