"tarelo" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo do xénero Cantharellus, da orde das cantarelais, de cogomelos en forma de funil, de himenio decorrente e pregado, sen láminas auténticas. En Galicia están presentes as especies C. cibarius e C. friessii, de cogomelo de cor amarela alaranxada ou avermellada, de ata 12 cm de altura e cheiro a pexego, propias das carballeiras e moi apreciadas en gastronomía; C. tubaeformis, de cogomelo comestible de ata 6 cm de altura, co pé oco e marxe moi irregular, de cor acastañada agrisada e de cheiro débil, que aparece baixo os piñeiros; C. lutescens, de cogomelos comestibles de ata 16 cm, de cor laranxa pardenta, cheiro a froitas e propio de piñeirais; e C. cinereus, de cogomelo comestible de ata 15 cm, de cor acastañada escura, que vive baixo os carballos.
-
-
Elevación pouco pronunciada nun terreo situada, polo xeral, nunha chaira.
-
Parte máis elevada dun monte.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica. Trátase dunha forma diminutiva da voz común coto. Documéntase no século XVIII: “Francisco Rodríguez do Cotarel” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 113).
-
Liñaxe asturiana que leva como armas un escudo cortado: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; segunda partición, en campo de goles, cunha cota de malla de prata; bordo de ouro, con oito aspas de goles.
-
-
PERSOEIRO
Profesor, polígrafo, conferenciante, articulista, dramaturgo e director teatral, fillo do académico e secretario da Real Academia Española Emilio Cotarelo Mori. Cursou estudios en Madrid e Oviedo (1889-1899), e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas desde 1904 na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi vicerrector e decano da súa facultade de Filosofía e Letras. Presidiu o Ateneo León XIII. En 1909 participou na Exposición Rexional de Santiago, e dous anos despois o seu Teatro de Cervantes foi galardoado co Berwick e Alba da Academia Española. En 1919 deuse a coñecer como narrador con Palladys tyrones e a seguir editou La enseña raída (1922) e El pazo (1923). Desde 1920 foi académico da Academia Galega. A partir de 1923 converteuse no primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro da Academia de Historia e do Instituto de España. A súa actividade teatral centrouse en especial no período 1922-1931, logo de promover o Cadro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baile rápido de orixe italiana, de movementos animados, normalmente en compás de 6/8 e, ás veces, 3/4. Aínda que data do s XIV, tivo o seu esplendor no XVI. A miúdo formaba un binomio cunha danza lenta ou moderada de ritmo binario, como a pavana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘duro’ e ‘peso’.