Levadia ]

Levadia ]

Cidade que xurdiu no lugar da antiga cidade homónima, célebre polo oráculo de Trifonio. Dependeu de Tebas ata o ano 386 a C. Na Idade Media foi conquistada polos cataláns (1311) e pasou a formar parte do Ducado de Atenas (1311-1379). Ocupada pola compañía navarra de Urtubia, en 1392 a cidade pasou ao poder de Nerio Acciaiuoli. A súa familia conservou o poder ata a dominación turca.