"tendedor" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
-
Que ou quen entende.
-
Terceira das catro fases que conforman o proceso gradual que debe superar na lírica medieval o namorado-trobador para acadar o joi (estado de ledicia interna na que se mergullaba o amante ao ser aceptado pola dama). O termo procede dun salutz d’amor anónimo occitano (“Domna vos m’aves et amor”, 1246-1265), en que Amor afirma que o namorado ten que pasar por catro graos evolutivos: “Quatro’scolos a en amor: / Lo premiers es de feignedor / E. l segons es de prejador / E lo ters es d’entendedor / E al quart es drutz apelatz”. No primeiro grao (fenhedor), o trobador, por medo ou timidez, non ousa dirixirse á dona para facerlle saber o seu sentimento cara a ela; no segundo (pregador), a dama dálle ánimos ao namorado para que exprese a súa paixón; no terceiro (entendedor), a dona concédelle algún agasallo persoal como unha luva, un anel ou unha cinta; no cuarto (drutz), a dama acepta o namorado no leito. Xa que logo, o entendedor é o namorado consentido, o que está nunha situación óptima de igualdade...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cabaqueiros que designa o traballador encargado de levar o material elaborado polo oficial para a eira, sacalo dos moldes e marcos e poñelo a secar.