"zapote" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Árbore de máis de 15 m de altura co tronco de cor parda do que se extrae un látex empregado na fabricación da goma de mascar. As follas son elípticas, as flores hexámeras, solitarias, pediceladas e de cor branca e o froito é unha baia de cor marrón e comestible. É orixinario de México e América Central e do S.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zapotecos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo zapoteco.

    3. Pobo indíxena de México centromeridional que vive no estado de Oaxaca, estendéndose polos estados de Veracruz, Chiapas e Guerrero. A cultura zapoteca varía segundo o hábitat e a economía. A sociedade está organizada ao redor dos centros de poboación cunha base agrícola. Na época precolombina tiveron unha cultura importante (100-800 d C), centrada no outeiro de Monte Albán.

    4. Lingua otomangueana do phylum amerindio que fala o pobo zapoteco e que comprende un gran número de dialectos.

    VER O DETALLE DO TERMO