zapoteco -ca

zapoteco -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos zapotecos ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo zapoteco.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo indíxena de México centromeridional que vive no estado de Oaxaca, estendéndose polos estados de Veracruz, Chiapas e Guerrero. A cultura zapoteca varía segundo o hábitat e a economía. A sociedade está organizada ao redor dos centros de poboación cunha base agrícola. Na época precolombina tiveron unha cultura importante (100-800 d C), centrada no outeiro de Monte Albán.

  4. s m [LING]

    Lingua otomangueana do phylum amerindio que fala o pobo zapoteco e que comprende un gran número de dialectos.