"fenol" (Contiene)

Mostrando 17 resultados de 17.

    1. Substancia orgánica que ten polo menos unha función amina e unha función fenol. Son compostos redutores, facilmente alterables. Moitos deles son intermediarios importantes na síntese de colorantes.

    2. m

    3. o

    4. p

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Denominación xenérica dos compostos intensamente coloreados que resultan de aparear un sal de diazonio cun fenol.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Composto que contén un átomo de cloro unido a un grupo fenol. Segundo a posición do cloro respecto ao grupo hidroxilo, pódense distinguir tres isómeros: orto-, meta- e para-. Os tres teñen propiedades físicas diferentes, pero todos se empregan como desinfectantes a causa da súa acción antiséptica.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Composto aromático que ten dous grupos hidroxilo en átomos de carbono do núcleo.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
    1. Cada un dos compostos orgánicos que conteñen un ou varios grupos hidroxilo unidos a átomos de carbono dun anel bencénico ou de calquera outro ciclo aromático, como os monofenois ou monohidroxibencenos (fenois), ou os difenois ou dihidroxibencenos (pirocatecol, resorcinol e hidroquinona). Tanto os monofenois como os polifenois son os responsables de moitas coloracións das flores, e preséntanse en gran cantidade no alcatrán de hulla e no de madeira, de onde se obtén industrialmente. Sinteticamente obtéñense principalmente por fusión de sales de ácidos arilsulfónicos, por hidrólise de sales de diazonio aromáticos, etc. Os fenois son máis ácidos ca os seus derivados análogos alifáticos, e dan sales, chamados fenolatos, xa que o ión fenóxido que resulta, unha vez disociados os fenois, resta moita estabilidade por resonancia. Efectúanse sobre os grupos hidroxilo dos fenois reaccións de eterificación, de esterificación e de substitución. O grupo hidroxilo activa as posicións orto e para dos fenois,...

    2. Derivado monohidroxilado do benceno descuberto por Runge en 1834 no alcatrán de hulla. Obtense industrialmente, conxuntamente coa acetona, mediante o proceso Hock a partir do cumeno, segundo as reaccións:


      FORMULA


      C 6 H 5 SO 3 Na+2NaOH→C 6 H 5 ONa+Na 2 SO 3 +H 2 O
      2C 6 H 5 ONa+SO 2 +H 2 O→2C 6 H 5 OH+Na 2 SO 3
      O fenol emprégase na obtención de resinas sintéticas e na produción doutras substancias como o nailon e determinados herbicidas. Na industria farmacéutica emprégase na preparación do ácido salicílico e da fenolftaleína. Tamén recibe o nome de ácido fénico ou ácido carbólico.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: polifenoloxidase.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Produto que resulta da substitución do hidróxeno dun grupo fenólico por un metal ou grupo catiónico.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Substancia do grupo das ftaleínas, que se prepara por condensación do fenol con anhídrido ftálico. Preséntase en forma de cristais brancos, insolubles en auga e solubles en álcalis, que orixinan disolucións de cor vermella intensa. Emprégase moito como indicador de neutralización. É incolora a pH menor de 8 e vermella a pH maior de 9,6. Tamén se emprega en medicina como laxante.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
    1. Relativo ou pertencente ao fenol ou á función fenol.

    2. Polímeros termoendurecibles, de cor e consistencia variables segundo o método de obtención, que resultan da condensación de compostos fenólicos con aldehidos. A primeira resina fenólica que se obtivo, que foi tamén o primeiro plástico sintético, foi a baquelita, produto da condensación do fenol co formaldehido. Esta condensación pode ter lugar en medio ácido, no que se obtén un polímero lineal e facilmente fusible, ou nun medio básico. Empréganse as resinas fenólicas, polas súas propiedades dieléctricas e de resistencia mecánica e química, e pola baixa capacidade de absorción da auga, nas industrias eléctrica, radiotécnica, telefónica, téxtil e química, e na fabricación de vernices e adhesivos. Tamén se coñecen co nome xenérico de fenoplastos.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de artesáns e artistas, formouse na Acadèmia de Belles Arts de València, onde rematou os estudios no curso 1871-1872. Co lenzo El Cardenal Adriano, obispo de Utrech, recibiendo a los jefes de las germanías en el palacio de los Vilaragut (1872) recibiu unha bolsa da deputación provincial para ir estudar a Roma, onde permaneceu ata abril de 1875. Durante os dez anos seguintes, a súa vida transcorreu en París, onde aprendeu a técnica do fotogravado, e Madrid, onde abriu un obradoiro. En 1887 visitou Santiago de Compostela, onde coñeceu a súa futura muller, Consuelo Velón González-Pardo. Instalouse definitivamente na cidade e dedicouse á docencia, foi profesor na Escola Elemental de Artes e Industrias, e retratou a sociedade compostelá do cambio de século. Relacionouse con Alfredo Brañas e Xoaquín Díaz de Rábago. As súas primeiras obras están enmarcadas no programa artístico educativo da Ilustración. Durante a súa estancia en Roma, a súa visión artística experimentou...

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Parte da ecoloxía que estudia as relacións entre os factores climáticos e as manifestacións estacionais ou periódicas dos organismos (xemación, floración, frutificación, caída de follas, migracións de aves, hibernación de mamíferos, etc).

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Relativo ou pertencente á fenoloxía.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • GALICIA

    Xinecólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en xinecoloxía e en anatomía patolóxica. Foi membro fundador do Institut Universitari Dexeus e da Sociedad Española de Patología Mamaria. Xefe dos servicios de xinecoloxía do Institut Universitari Dexeus, centrouse no problema da detección precoz do cancro de mama. Publicou numerosos artigos científicos en revistas médicas, varias monografías, como Derrames, Macroquistes e Patología mamaria infanto-juvenil, e o Dicionario de mastología (1999) e dirixiu as obras Patología mamaria (1982) e Mastología (2000).

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • GALICIA

    Produtor cinematográfico. Cursou estudios nas universidades de Santiago de Compostela e de Oviedo e na Escuela Oficial de Cine de Madrid obtivo o título na rama de Produción. Foi axudante de produción en 1959 en dous filmes relacionados coa cultura galega: La casa de la Troya, dirixida por Rafael Gil sobre a novela do mesmo título de Alejandro Pérez Lugín, e Sonatas, de Juan Antonio Bardem, sobre a obra de Ramón María del Valle-Inclán. Como axudante participou, así mesmo, en Viridiana (Luis Buñuel, 1961). A partir de Los inocentes (J.A. Bardem, 1962) traballou como director de produción ou como produtor executivo en máis de 25 longametraxes, e como produtor a través das marcas Avenir Films, Zoom, Arte7 ou Margen. Noutras dúas obras, volveu tratar temas galegos. En 1972, produciu Flor de santidad, sobre un texto de Valle-Inclán, nunha visión un pouco tenebrista da Galicia rural. En 1991 foi o produtor de Martes de Carnaval, codirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, unha obra que,...

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Composto que resulta da substitución dalgún átomo de hidróxeno dun anel bencénico por grupos nitro que se emprega na síntese dos colorantes e de reveladores fotográficos.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Nome xenérico dos enzimas responsables do escurecemento oxidativo enzimático das froitas e dos seus derivados.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO
  • Colorante ácido-base cuxa sal sódica se emprega na radiodiagnose da vesícula biliar.

    VER EL DETALLE DEL TÉRMINO