fenólico -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao fenol ou á función fenol.
-
resinas fenólicas
[QUÍM]
Polímeros termoendurecibles, de cor e consistencia variables segundo o método de obtención, que resultan da condensación de compostos fenólicos con aldehidos. A primeira resina fenólica que se obtivo, que foi tamén o primeiro plástico sintético, foi a baquelita, produto da condensación do fenol co formaldehido. Esta condensación pode ter lugar en medio ácido, no que se obtén un polímero lineal e facilmente fusible, ou nun medio básico. Empréganse as resinas fenólicas, polas súas propiedades dieléctricas e de resistencia mecánica e química, e pola baixa capacidade de absorción da auga, nas industrias eléctrica, radiotécnica, telefónica, téxtil e química, e na fabricación de vernices e adhesivos. Tamén se coñecen co nome xenérico de fenoplastos.