Chubut

Chubut

Provincia de Arxentina, na Patagonia (224.686 km2; 396.800 h [1995]), drenado polos ríos Chubut e Chico. A capital é Rawson (19.214 h [1991]). O clima é árido e frío. A principal actividade económica é a gandería ovina e bovina. Son importantes os filóns petrolíferos descubertos en 1907 nos arredores da cidade de Comodoro Rivadavia. Foi colonizada polos galeses, que chegaron alí en 1865.

Palabras veciñas

Chubasco, El | chubrubante | Chubut | Chubut | chuca | chuceiro | Chucena