Churruchao
Churruchao
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe dos arredores de Laxe que emprega tamén as formas Churruchaos, Churrichaos, Churruchano e Torrichaos. Son os Suárez de Deza e tiveron como casa principal a Torre de Rodeiro. As súas armas levan, en campo de ouro, un castelo de pedra, sobre ondas de azul e prata, con tres peixes nadando. Outra variante trae, en campo de azul, unha torre de pedra, acompañada de dúas cambas, de prata, nos cantóns do xefe.