CIA
CIA
Organismo Central de Intelixencia dos EE UU, centro de espionaxe e contraespionaxe do goberno dos EE UU creado no 1947 pola lei de Seguridade Nacional e dependente do Consello de Seguridade Nacional, aínda que os seus responsables teñen contacto directo coa Casa Branca. Mobiliza uns 200.000 homes, repartidos entre as embaixadas de todo o mundo, e o seu centro estableceuse en Langley (Virginia). Naceu a consecuencia da Guerra Fría e co obxectivo principal de frear o avance do socialismo mundial. Realiza, basicamente, catro tipos de accións: espionaxe no exterior, contraespionaxe, acción psicolóxica e accións clandestinas para influír nos acontecementos mundiais.