cianhídrico -ca

cianhídrico -ca

(

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao ácido cianhídrico.

  2. ácido cianhídrico [QUÍM]

    Líquido volátil altamente tóxico, con olor a améndoa amarga, obtido industrialmente por oxidación dunha mestura de amoníaco e metano (proceso Andrussow): CH 4 +NH 3 →HCN+3H 2 . Emprégase en forma de gas comprimido na eliminación de roedores e insectos e para obter acrilatos, adiponitrilos, cianuros, colorantes, gomas, plásticos e gases de guerra. Tamén se emprega coma fumigante na desinsectación de sementes.

Palabras veciñas

cianamida | cianato | cianela | cianhídrico -ca | cianhidrina | ciani- | ciánico -ca