Ciba-Geigy AG
Ciba-Geigy AG
Empresa química suíza constituída en 1971 en Basilea como resultado da fusión de Ciba AG e JR Geigy AG, dúas empresas da mesma cidade que iniciaran as súas actividades en 1884 e 1758, respectivamente, especialmente dedicadas aos colorantes. Posteriormente, entrou no sector de produtos farmacéuticos, industriais e agrícolas. Os seus laboratorios foron responsables dos descubrimentos do DDT, da coramina e da cibalxina, entre outros. En 1996 fusionouse con Sandoz para formar Novartis, Ltd, pero mantivo de forma independente dende 1997 Ciba Specialty Chemicals.