Cibeles

Cibeles
[MIT]

Deusa frixia da fertilidade da terra, coñecida tamén como Gran Nai, e venerada conxuntamente co seu amante (ou fillo) Atis. O seu culto, de tipo orxiástico, foi aceptado por Roma no 204 a C, aínda que os seus aspectos externos (castración dos gallus ou iniciados) fixeron que o Senado o limitase. Represéntase sentada, enriba dun carro tirado por leóns, e co corno da abundancia.

Palabras veciñas

Cibeira | Cibeiras | Cibeiro | Cibeles | cibelina | ciber- | cibercafé