ciclomotor

ciclomotor

(

s m [TRANSP/IND]

ehículo lixeiro de dúas rodas, semellante a unha bicicleta, con pedais ou sen eles, provisto dun motor de explosión de dous tempos de cilindrada inferior a 50 cc, con embrague de disco ou centrífugo. Polo xeral, leva cambio de velocidades manual de dúas ou tres marchas ou variador continuo de velocidade, que se acende cos pedais ou cun pequeno motor eléctrico de arranque; as normas de circulación non lle permiten exceder dunha velocidade de 45 km/h sobre unha superficie chá. Os primeiros modelos consistían nunha bicicleta á que se lle engadía un motor que movía unha das rodas por rozamento mediante unha cadea. Co tempo converteuse nunha motocicleta de dimensións reducidas, adecuada para a circulación urbana e para traxectos curtos.

Palabras veciñas

cicloide | ciclólise | ciclomorfose | ciclomotor | ciclón | Ciclón, El | cicloneuro