ciclorrafo -fa
ciclorrafo -fa
(< ciclo- + < grραϕή ‘costura, sutura’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ciclorrafos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da suborde dos ciclorrafos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Suborde de insectos da orde dos dípteros que se caracterizan porque a forma adulta emerxe, logo de completar a metamorfose, dunha fenda que racha plenamente a cuberta pupal. Pertencen aos ciclorrafos as familias dos sírfidos, dos drosofílidos, dos califóridos e dos múscidos.