ciclotrón
(
-
s
m
[FÍS]
Acelerador de partículas circular de resonancia, no que unha partícula emitida por unha fonte central se curva por efecto dun campo magnético constante. Ideárono E. O. Lawrence e M. S. Livingston en 1932. Consiste en dous electrodos baleiros de forma semicilíndrica (chamados des), que crean un campo eléctrico E de alta frecuencia entre eles, e todo o conxunto atravesado perpendicularmente por un campo magnético B constante. No centro do cilindro que forman os dous electrodos des, hai unha fonte de partículas ou ións que se aceleran linealmente e describen unha traxectoria espiral por mor do campo magnético transversal. A frecuencia de rotación das partículas denomínase frecuencia de ciclotrón da partícula e vén definida pola ecuación v=qB/2πm, onde q e m son a carga e a masa, respectivamente, e B é o valor da indución magnética. O ciclotrón emprégase para acelerar partículas pesadas, para as que non se alcanzan valores relativistas; no caso contrario emprégase o sincrociclotrón. As partículas aceleradas por medio do ciclotrón empréganse como proxectís en radioterapia ou en investigación nuclear.
-
s
m
[FÍS]
Radiación electromagnética emitida por unha partícula cargada que se move nun campo magnético cunha velocidade non relativista. É o caso particular da radiación do sincrotrón para baixas velocidades.