Cidrón

Cidrón
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. O topónimo semella proceder do latín citru ‘tipo de limoeiro’ na súa forma aumentativa citrone; inda que tamén podería vir dun antropotopónimo malia non se atopar nos repertorios onomásticos o nome persoal *citrone.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, cinco cidras de ouro.

Palabras veciñas

cidre | Cidre | cidreira | Cidrón | Ciechanów | Ciego de Ávila | Ciempozuelos