cifose

cifose

(

s f [FISIOL/PAT]

Curvatura da columna vertebral de convexidade posterior. Normalmente atópanse dúas cifoses fisiolóxicas: a cifose dorsal, de arco grande, no que participa toda a rexión dorsal, e a cifose sacra, de ángulo máis agudo e máis breve. En ocasións pódense apreciar cifoses patolóxicas, por aumento dunha curvatura normal ou por aparición dunha nova convexidade. Este é o caso da cifose angular, causada por unha lesión tuberculosa nos nenos e por unha fractura vertebral ou unha neoplasia vertebral nos adultos, e da cifose curva, consecuencia dunha debilidade muscular, dun raquitismo ou dunha osteoporose.

Palabras veciñas

cifoescoliose | Cifontes | cifoscoliose | cifose | 1 cifra | 2 cifra | 1 cifrado -da