cileno

cileno
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cilenos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo dos cilenos.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do convento xurídico lucense onde -segundo Plinio- se situaron despois dos presamarcos no límite xa co convento bracaraugustano. Localizado na rexión da costa que vai do Ulla ao Lerez, tivo como cidade principal Aquae Calidae ou Aquae Celenae (a actual Caldas de Reis). Na epigrafía documéntanse varias inscricións nas que aparecen individuos deste pobo.