címbalo
(< lat cymbălu < grκύμβαλον ‘címbalo’)
-
s
m
[MÚS]
Instrumento idiófono de percusión consistente en dúas placas curvadas de metal, de gran diámetro, que se baten unha contra a outra en posición vertical e con movementos ascendentes e descendentes. É un instrumento moi antigo, orixinario de Asia e divulgado en moitas culturas como a exipcia, a grega e a romana. Tamén se empregou na Idade Media. Mozart, Haydn e Beethoven utilizáronos nas súas composicións; dende o s XIX aparece con frecuencia nas pezas orquestrais, e no jazz usánse unha gran variedade de címbalos.
-
s
m
[MÚS]
Instrumento cordófono da familia das cítaras, orixinario de Hungría. Consiste nunha caixa trapezoidal sobre a que se tensan unhas cordas e o son prodúcese pola súa percusión mediante dúas baquetas. Béla Bartók, Franz Liszt e Zoltán Kodály incluírono nas súas pezas para orquestra.